Lillian Asplund

Lillian Gertrud Asplund, nada en Worcester, Massachusetts o 21 de outubro de 1906 e finada o 6 de maio de 2006, foi unha das 3 últimas superviventes do barco RMS Titanic.

Lillian Asplund
Nome completoLillian Gertrud Asplund
Nacemento21 de outubro de 1906
Lugar de nacementoWorcester, Massachusetts
Falecemento6 de maio de 2006
Lugar de falecementoShrewsbury
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónsecretario
Na rede
WikiTree: Asplund-43 Find a Grave: 14296145 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Lillian era a última sobrevivente con vida que recordaba o que aconteceu aquela fría noite de 1912 cando o Titanic se afundiu no medio do Océano Atlántico, xa que ela tiña 6 anos cando sucedeu aquilo. As outras dúas sobreviventes do afundimento tan só tiñan uns meses, así que non recordan nada da traxedia.

A historiaEditar

A súa familia estivera a visitar a súa avoa en Suecia antes de embarcar no RMS Titanic para volver á súa casa. Lillian tiña 6 anos por aquel entón, e dous irmáns maiores: Óscar (nacido en 1898) e Hugo (nacido en 1902). Tamén tiña un irmán máis novo, Félix (nacido en 1909).

Asplund calou sobre as súas memorias do Titanic, compartindo a pena da súa nai sobre a traxedia e firmemente evitando calquera forma de atención de medios de comunicación. Nunha entrevista en 1989 Lillian Asplund describiu como ela, a súa nai e o irmán subiron ao bote salvavidas número 15 por unha ventá. Lillian contou que recordaba aos seus irmáns maiores e ao seu pai despedirse da súa nai, dela e do seu irmán máis novo Félix. Os seus irmáns maiores e o seu pai morreron afogados na traxedia, mentres que Lillian, o seu irmán e a súa nai lograron salvarse.

Vida posteriorEditar

Lillian Asplund traballou en empregos de secretaria na área Worcester, e retirouse para coidar da súa nai, que ao parecer nunca conseguiu superar a traxedia e a morte do seu marido e fillos.

A nai de Lillian faleceu no ano 1964. O irmán máis novo de Lillian morreu en 1983, á idade de 74 anos.

Finalmente, Lillian Asplund morreu na súa casa en Shrewsbury, Massachusetts á idade de 99 anos no ano 2006. Foi enterrada no Cemiterio de Fe en Worcester, onde o corpo do seu pai fora enterrado en 1912.

Dez últimos superviventes do TitanicEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.