Lili Bleeker

Caroline Emilie Bleeker, máis coñecida como Lili Bleeker, nada en Middelburg (Países Baixos) o 17 de xaneiro de 1897 e finada en Zeist (Países Baixos) o 8 de novembro de 1985, foi unha empresaria e física neerlandesa, coñecida polos seus deseños e fabricación de instrumentos ópticos. Aínda que non era habitual que as mulleres desenvolvesen unha carreira senón que traballasen no fogar, decidiu continuar coa súa educación e nunca chegou a casar coa súa parella, Gerard Willemse, o cal era altamente infrecuente para a época.[1] Ao acabar os seus estudos, converteuse nunha das primeiras mulleres nos Países Baixos en converterse en doutora en física e matemáticas.[2] Tras obter o seu doutoramento, fundou unha empresa dedicada á física, que influíu na creación da Organización Neerlandesa para a Investigación Científica Aplicada, e construíu unha pequena fábrica para a elaboración de instrumentos científicos e ópticos.

Lili Bleeker
Dr. Caroline Bleeker achter een draaibank.tif
Nacemento17 de xaneiro de 1897
Lugar de nacementoMiddelburg
Falecemento8 de novembro de 1985
Lugar de falecementoZeist
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Alma máterUniversidade de Utrecht
Ocupaciónmatemática, física, membro da resistencia e construtora de instrumentos
editar datos en Wikidata ]

A empresa de Bleeker sufriu duramente os efectos da Segunda Guerra Mundial. As vendas baixaron, tivo que despedir a algúns dos seus empregados e aos restantes tívolles que pagar do seu propio peto.[3] Bleeker, xunto coa súa parella Willemse, tivo que esconderse por ocultar a xudeus dos oficiais alemáns despois de que estes últimos invadisen a súa fábrica.[4] Tras o fin da guerra, a súa empresa rexurdiu, e debido aos seus actos durante a guerra foi recoñecida coa Medalla Real do exército neerlandés e concedéuselle un préstamo para recuperarse e abrir unha nova fábrica en Zeist. A súa empresa fabricou os instrumentos ópticos necesarios para o desenvolvemento do microscopio de contraste de fases, inventado por Frits Zernike, que recibiu por iso o premio Nobel en 1953.[4][5]

TraxectoriaEditar

Lili Bleeker naceu o 17 de xaneiro de 1897 en Middelburg, era a menor dos cinco fillos de John Lambert Bleeker, un pastor luterano desa cidade, e Martha Gerhardina Döhne.[6] Criouse en Middelburg e mostrou unha gran precocidade na súa infancia, de forma que saltou o seu primeiro ano de primaria. Bleeker asistiu ao instituto Lange Sint en Middelburg, e aínda que era unha estudante brillante a súa nai desalentábaa a continuar os seus estudos.[7] Con todo, Bleeker decidiu continuar os seus estudos a pesar destas reticencias.

En 1916, entrou na Universidade de Utrecht para estudar física e astronomía.[8] Durante a carreira, Bleeker traballou como profesora nunha escola secundaria feminina para pagar os seus estudos, aínda que non se vía apta para o traballo porque considerábase demasiado nova. Como resultado, traballou como titora privada.[6] En 1919 converteuse en axudante de laboratorio de varios profesores no Observatorio Sonnenborgh de Utrecht e en 1926 foi nomeada axudante xefe.[1][7] O 5 de novembro de 1928 completou o seu doutoramento en física cum laude da Universidade de Utrecht baixo a dirección de Leonard Ornstein, que a describiu como «moi intelixente e ben formada, tanto teórica como experimentalmente». A tese de Bleeker tratou sobre a medida de emisión e dispersión no espectro de metais alcalinos. A imprenta responsable de imprimir a súa tese era propiedade do pai do que sería a súa parella, Gerard Willemse.

CarreiraEditar

O 5 de xuño de 1930, 18 meses despois de obter o seu título, Bleeker fundou unha consultoría física que traballou con diversas empresas e fábricas de instrumentos científicos.[1] A súa consultoría serviu de modelo para a fundación da Organización Neerlandesa para a Investigación Científica Aplicada en 1932. Máis tarde, Bleeker abriu unha fábrica de instrumental científico e óptico. Até 1936, a empresa centrouse na fabricación de ferramentas de laboratorio e instrumentos para medir a electricidade. Con todo, en 1936, Bleeker decidiu fundar un obradoiro de óptica, e en 1937 comezou a produción de instrumentos ópticos. Os seus deseños foron punteiros na industria óptica dos Países Baixos, que até entón era case inexistente. En 1938, Bleeker comezou a fabricar prismáticos para o exército neerlandés. En 1940, os Países Baixos entraron na Segunda Guerra Mundial e Bleeker detivo a produción de prismáticos xa que non quería producir nada para o exército alemán. No entanto, mantivo a produción doutros instrumentos. Desenvolveu microscopios para as universidades neerlandesas e os seus estudantes. Bleeker tamén escondeu a cidadáns xudeus na súa fábrica ata que en 1944 as autoridades alemás recibiron información respecto diso. Logrou enganar aos oficiais alemáns e escapar cos xudeus, pero Bleeker e a súa parella tiveron que esconderse tamén.[7] Durante ese tempo os alemáns pecharon a súa fábrica. Tras a guerra, abriu unha nova fábrica, que foi a primeira no mundo en fabricar o microscopio de contraste de fases inventado por Frits Zernike.[9]

RecoñecementosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Dr. Caroline Emilie Bleeker, physicist and businesswoman". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  2. "Nedoptifa S microscoop". Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  3. van Ginkel, Gijs. "BINOCULARS MADE IN HOLLAND: BLEEKER DR. CAROLINE (LILI) EMILIE BLEEKER (1897-1985) BRILLIANT SCIENTIST DUTCH PIONEER DESIGNER AND PRODUCER OF OPTICAL INSTRUMENTS INITIATOR AND DIRECTOR OF THE FIRST DUTCH OPTICAL FACTORY NEDOPTIFA (1930-1978). A short history" (PDF). 
  4. 4,0 4,1 "Nedoptifa | Delft Microbiology". Consultado o 2 de decembre de 2017. 
  5. Razkin, Uxue. "La empresaria “Lili” Bleeker y las lentes que valieron un Nobel". Mujeres con ciencia. Consultado o 19 marzo 2020. 
  6. 6,0 6,1 djr (20 de marzo de 2017). "Digitaal Vrouwenlexicon van Nederland". Consultado o 2 de decembro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Haines, Catharine M. C. International Women in Science: A Biographical Dictionary to 1950 (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 9781576070901. 
  8. "CAROLINE EMILIE BLEEKER". Consultado o 2 de decembro de 2017. 
  9. Van Ginkel, Gijs. "BINOCULARS MADE IN HOLLAND: BLEEKER" (PDF).