Ligamentos glenoumerais

(Redirección desde «Ligamentos gleno-umerais»)

Os ligamentos glenoumerais son un conxunto de ligamentos do membro superior humano, pertencentes á articulación glenoumeral, situada no ombreiro. Orixínase na cavidade glenoide escapular e insírese na cabeza umeral. Reforza a cápsula articular glenoumeral en diferentes puntos, dependendo na posición do brazo e do ángulo de rotación.

Ligamentos da articulación acromioclavicular e glenoumeral.

Son en total tres ligamentos:

  • Un une a cavidade glenoide coa parte inferior do tubérculo menor umeral.
  • Un segundo une a parte inferior da cavidade co pescozo anatómico umeral.
  • Un terceiro insírese no proceso coracoide, avanza xunto co bordo interno da porción longa do bíceps braquial.

Os tres reforzan a cápsula articular, xunto con dous tendóns máis, derivados do músculo pectoral maior e do músculo redondo maior.

Funcións editar

A función principal é reforzar a cápsula articular glenoumeral. Durante a abdución, os ligamentos segundo (medio) e terceiro (inferior), contráense; mentres que o primeiro (superior) reláxase. Durante a rotación lateral, os tres tendóns están contraídos, mentres que durante a rotación medial están relaxados.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.