Liga de Independentes

A Liga de Independentes (Verband der Unabhängigen – VdU) foi un partido político de Austria, activo de 1949 a 1955. Fundado por Herbert Kraus e Viktor Reimann representaba os intereses dos antigos nazis, dos refuxiados de Europa Central e Oriental, dos prisioneiros de guerra e doutros sectores descontentos da derrota nazi. Opúñase ás medidas de nazificación, difundía propaganda neonazi e panxermánica. Nas eleccións lexislativas de 1949 tivo o 11,7% dos votos o que lle outorgou 16 escanos no Parlamento. Nas seguintes eleccións perdeu a súa representación parlamentaria e tras unha crise interna acabou por integrarse nun novo partido, o Partido da Liberdade de Austria en 1956.

Liga de Independentes
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo alemán en Austria
Data de fundación25 de marzo de 1949
Data de disolución1955
PaísAustria
editar datos en Wikidata ]