Lidar
LIDAR (son as siglas en inglés de Light Detection and Ranging ou Laser Imaging Detection and Ranging) é unha tecnoloxía que consiste en calcular distancias dende un emisor láser cunha luzada láser. O sistema é moi sinxelo xa que consiste en calcular distancias sabendo o tempo que tarda a luzada láser en chegar ó destino final da distancia. Esta tecnoloxía é parecida ós contaquilómetros dos coches que calculan a velocidade do vehículo calculando canto tardan en dar unha volta sobre si mesmas as rodas dianteiras. En xeral, a tecnoloxía lidar, ten aplicacións en xeoloxía, sismoloxía e física da atmosfera.
Por exemplo en xeoloxía: fanse medicións de distancias con láser para aplicacións de mapas a grande escala, procesos de contorno e curvas de nivel para ortofotos dixitais.
Características e vantaxes
editarCentrándonos máis no tipo de tecnoloxía, podemos dicir que a tecnoloxía empregada é como a que usan os policías nas súas pistolas láser para determinar a velocidade dos vehículos que circulan no tráfico rodado. Deste xeito podemos destacar algunhas das vantaxes da tecnoloxía láser fronte outras tecnoloxías de medición de distancias:
- É moito máis rápido.
- Ó emitir unha luzada láser, non diverxe tanto e é moito máis estreito que o do radar que se dispersa e rebota no contorno.
- É máis fácil de manexar, transportar e manter.
- É máis económico que un radar.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Lidar |