Licofrón (sofista)

Licofrón foi un sofista cuxa procedencia exacta e ano de nacemento e morte se descoñecen.

Infotaula de personaLicofrón
Biografía
Actividade
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

As fontes de coñecemento das súas reflexións filosóficas proveñen de Aristóteles .

Teoría do coñecemento editar

Licofrón di sobre o coñecemento que é a comuñón do saber coa alma, comuñón que se dá por si mesma.

Outros afirman que [hai] unha comuñón coa alma, como o sofista Licofrón, que definía a ciencia como comuñón do saber coa alma.
Aristóteles, Metafísica VII 6, 1045b 8ss

Ontoloxía editar

Para solucionar a tensión entre o Un e o Múltiple, tema principal da filosofía presocrática, Licofrón negou o Ser, o que "é", tese que pode ser comparada coa de Gorxias:

Tamén os últimos filósofos antigos [Eleáticos, Heráclito] se desvelaban para que o mesmo obxecto non lles resultase ser, ao mesmo tempo, un e múltiple. Por iso, uns suprimiron o "é", como Licofrón
Aristóteles, Física I 2, 185b 25

Sobre a lei editar

Licofrón cre que a lei é un garante dos dereitos cidadáns, pero de ningún modo obriga aos mesmos a ser moralmente bos.

a lei [é], tal como a definiu Licofrón, un garante dos dereitos recíprocos, incapaz, porén, de converter os cidadáns en bos e honestos
Aristóteles, Política III 9, 1280b 8

Sobre a igualdade social editar

Licofrón afirma que a nobreza é unha palabra baleira, e que non hai diferenzas reais entre "nobres" e "plebeos".

É, acaso, [a nobreza] unha cualidade propia das persoas ilustres e valiosas ou, como escribiu o sofista Licofrón, unha palabra absolutamente baleira? [...] [El di que] en verdade, non hai diferenza entre nobres e plebeos

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sofistas, testimonios y fragmentos. Ed: Editorial Gredos S.A. Madrid, 1996. Existe unha nova edición de 2006 co título de Sofistas. Obras, pero é exactamente a mesma obra.