Abrir o menú principal

O Liceo de la Juventud, creado en Santiago de Compostela o 26 de abril de 1847 por Antonio Neira de Mosquera, Leopoldo Martínez Padín e Alberto Camino era un lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. O obxectivo desta sociedade era instruír por medio da literatura e das Belas Artes.

Índice

Situación histórica e creaciónEditar

CreaciónEditar

No 1846, o escritor don Leopoldo Martínez Padín publicou un artigo no periódico El Avisador Santiagués, periódico de recreo e utilidade universal no cal propugnaba a creación de sociedades artísticas e literarias en Galicia e especialmente en Santiago de Compostela, a imitación do Liceo de Madrid. Leopoldo Martínez Padín pensaba que a creación de Liceos era un símbolo de engrandecemento para a propia comunidade como ben podemos observar no seguinte parágrafo, esclarecedor do seu pensamento:[Cómpre referencia]

A erección de Liceos en Galiza, tomando por tipo ao principal da Corte, e facendo nos seus estatutos e obxectos as variacións que as necesidades que este país esixen, colocándose ao frente de eles algunhas persoas cuxo carácter lles dese prestixo entre toda clase de xentes, e habendo abnegación por parte de moitos ao comezo, serían o soplo vivificador de estas provinzas e os fachos do seu engrandecemento.

No 1846, o movemento provincialista quedou descabezado, xa que algúns dos seus membros morreron, outros exiliáronse, e outros emigraron xeográfica e ideoloxicamente a Madrid a facer política. Porén, Neira, Martínez Padín e Alberto Camino crearán o Liceo de la Juventud de Santiago, sucesor da extinta Academia Literaria, onde se formará a segunda xeración de provincialistas: Manuel Murguía, Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Luís Rodríguez Seoane, os irmáns Antonio e Francisco de la Iglesia, ou Rosalía de Castro.

HistoriaEditar

A primeira función do Liceo estivo composta pola interpretación da comedia Con amor y sin dinero e pola primeira e a segunda parte de La vuelta de Estanislao. Representáronse tamén obras de José Zorrilla como El zapatero y el rey e La elección de un novio.

O 6 de xaneiro de 1849 conmemorouse o aniversario da fundación do Liceo de la Juventud cun programa que é importante mencionar. Ás dez da mañá tivo lugar unha entrega de diplomas. A continuación, tivo lugar a sesión lírico-dramática co seguinte programa:

  1. Brillante sinfonía a telón corrido de la Muta di Portici.
  2. ¡Un hermano!, drama original y en verso del socio don Pelayo Catoira.
  3. Introducción y coro de la ópera Reinaldo y Elina, del maestro San Clemente.
  4. Sinfonía de la ópera Ana Bulen.
  5. Terminará la función con la graciosa pieza en un acto titulada Pascual y Carranza.

Nos actos desa mañá leu tamén un discurso o Presidente, destacando os avances que estaba a provocar o Liceo. Tamén os señores Fraga Vázquez, Seoane, Sánchez e González leron varias composicións en prosa e verso.

Da exposición de pintura, o único que sabemos é que os cadros eran do señor Vidal e de outros socios, entre os que cabe mencionar a dona Adelaida Marcó. Tomás Vidal non aparece mencionado nos repertorios de arte compostelá do século XIX, mais presentou oito cadros na Exposición pública de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela no ano 1858. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba ao redor do "Liceo de la Juventud", onde se daban cita estudantes e intelectuais como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Rosalía de Castro, quen coñecería alí o seu futuro marido, Manuel Murguía. Durante esta época chegaron a imprimirse algunhas obras desta Sociedade.

 
Regulamento do Liceo de la Juventud do ano 1852

Escritores relacionadosEditar

Rosalía de CastroEditar

Destácase a Rosalía de Castro, a cal participou nas festas do Liceo no convento de San Agustín no ano 1854, nunha obra de Gil e Zarate. Rosalía, con 17 anos, era unha figura destacada na sociedade literaria do Liceo de la Juventud, impregnouse do ambiente romántico que entón reinaba en Santiago.

Manuel MurguíaEditar

Pódese destacar a Manuel Murguía, o cal desde moi novo comezou a colaborar con diversas publicacións e a se relacionar con outros rapaces interesados no futuro do país, e no Liceo de la Juventud entraría en contacto con Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro; nesta sociedade forxaría a súa consciencia progresista e a súa inclinación literaria. Publicara a súa primeira novela, Desde el cielo, aos dezasete anos, que co tempo deixaría paso á súa verdadeira paixón, o estudo da historia.

Eduardo PondalEditar

Eduardo Pondal tamén participou no Liceo de la Juventud onde manifesta a súa fe republicana e amósase como un dos poetas emerxentes. E tamén podemos destacar a outras figuras importantes como Aurelio Aguirre e Luís Seoane.

OrganizaciónEditar

Os traballos estaban divididos en catro seccións: literatura, pintura, música e declamación.

O Liceo de la Juventud estaba conformado por socios, que podían ser de tres clases distintas: fundadores, de mérito e de número. Os fundadores estaban subdivididos en primitivos (os inscritos antes do 26 de abril de 1847) e secundarios ( os inscritos ata o 6 de xaneiro de 1848, día no que se instalaron no convento de San Agustín). Os socios de mérito eran aqueles que contribuían co seu traballo ao esplendor da sociedade. As socias de mérito, estaba exentas de calquera pago.

O traslado do Liceo ao convento de San Agustín (o 6 de xaneiro de 1848), proporcionoulle moita fama e isto provocou un grande auxe da sociedade. Debido a este traslado, coñécese tamén co nome de Liceo de San Agustín.

Unha das estancias máis importantes do Liceo era o salón de festas, decorado con pinturas de anxos e grilandas, o que tiña como resultado un lugar moi íntimo e acolledor.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar