Guinness World Records

(Redirección desde «Libro Guinness dos récords»)

O Guinness World Records (ou Guinness Book of World Records nalgunhas edicións editadas nos Estados Unidos), traducible como Libro Guinness dos Récords, é un libro de consulta publicado anualmente, que contén unha colección de marcas mundiais recoñecidas internacionalmente. Estas marcas inclúen tanto fazañas humanas como os parámetros extremos coñecidos do mundo natural.

Guinness World Records
Título orixinalGuinness World Records
OrixeIrlanda e Reino Unido
Lingualingua inglesa
Tema(s)récord mundial
Xénero(s)obra de referencia
Data de pub.1955
Na rede
Facebook: GuinnessWorldRecords Twitter: GWR Instagram: guinnessworldrecords LinkedIn: guinness-world-records Snapchat: gwr Youtube: UCeSRjhfeeqIgr--AcP9qhyg Pinterest: GWRecords TikTok: guinnessworldrecords Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cada edición contén un extracto da gran base de datos de marcas de Guinness, e a selección dos incluídos varía con cada ano de publicación. En anos recentes, moitas marcas relacionadas coa cultura popular actual foron agregados ao libro.

O Libro Guinness de Récords é o libro con copyright máis vendido do mundo, o cal outórgalle un espazo dentro das súas propias páxinas.

Historia

editar

A primeira edición foi publicada en 1955, pagada pola fábrica de cervexa irlandesa Guinness tras un debate nun pub sobre cal sería a especie máis rápida de ave de caza. Esta discusión non tivo conclusión ao non existir libros de referencia que incluísen este dato.

A investigación necesaria para a primeira edición foi conducida por Ross e Norris McWhirter, dous irmáns xemelgos atletas e xornalistas británicos, quen tamén conducían unha axencia de investigacións en Londres. Despois de que o primeiro libro se convertera nun éxito inesperado, imprimíronse moitas edicións subsecuentes. Co tempo, creouse un patrón de revisións anuais, publicadas cada mes de outubro para coincidir coa época de vendas de Nadal. Os irmáns McWhirter continuaron coa publicación dos Libros Guinness por moitos anos.

As edicións máis recentes enfócanse nas plusmarcas impostas por competidores humanos. As competencias van desde as máis obvias como levantar grandes pesos ata as máis curiosas como o lanzamento de ovos a distancia e o maior número de perritos quentes que poden ser comidos en dez minutos (aínda que as marcas sobre consumo masivo de alimento xa non son aceptadas por cuestións legais). Ademais de competencias, tamén se inclúen datos como o ser humano máis alto (Robert Pershing Wadlow), o tumor máis pesado, a planta máis velenosa, o río máis curto do mundo etc.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar