Liam O'Flynn

músico irlandés

Liam O'Flynn (na grafía irlandesa: Liam Óg Ó Floinn), nado en Kill o 15 de abril de 1945 e finado o 14 de marzo de 2018[1] foi un músico folk irlandés.

Infotaula de personaLiam O'Flynn

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata
Kill, Irlanda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de marzo de 2018 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Causa da morteEnfisema pulmonar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmúsico , flautista , gaiteiro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor em Wikidata - 2018 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica irlandesa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGaita e Uilleann pipes Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1620838 iTunes: 370512 Musicbrainz: ca0e1bd6-541b-4a47-851f-35750b332783 Songkick: 199434 Discogs: 255447 Allmusic: mn0000227465 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Kill de pais músicos, o seu pai tocaba o violín e a súa nai o piano. Despois do seu primeiro encontro coa gaita irlandesa, as influencias máis importantes no seu desenvolvemento foron Leo Rowsome, Willie Clancy, e Séamus Ennis. Liam gañou recoñecemento por gañar premios no Oireachtas Festival e o Fleadh Cheoil nos anos 60.

Converteuse nun membro fundador de Planxty en tódalas súas versións. The Chieftains foron os primeiros en gravar música instrumental tradicional irlandesa en formato de grupo, pero Planxty levouno un paso máis lonxe. Eles deron impulso e vitalidade á música acústica que debeu máis ó rock and roll que á música clásica europea. O'Flynn deu unha emocionante excitación ás pipas irlandesas, que foran asociadas anteriormente coa estrita disciplina dos gaiteiros escoceses. Despois de Planxty el atopou facilmente traballo, e traballou cos Everly Brothers, Enya, Kate Bush, Nigel Kennedy e Mark Knopfler. El traballou tamén en películas, incluíndo "A River Runs Through It" e "Kidnapped". El foi o suficentemente aventureiro para traballar co compositor John Cage, pero a súa alianza natural foi co compositor Shaun Davey.

The Bothy Band foron os sucesores naturais do Planxty orixinal, e dous dos seus membros, Seán Keane e Matt Molloy, gravaron nun dos álbums de O'Flynn's, The Piper's Call. El tamén traballou en proxectos con Seamus Heaney, mesturando poesía e música.

Discografía editar

editar

  • Liam O'Flynn (1988).
  • The Fine Art Of Piping (1991).
  • The Given Note (1995), que inclúe varias pezas galegas tradicionais, como a muiñeira de Ourense, a foliada de Elviña ou a alborada Teño un amor na montaña.
  • The Piper's Call (1999).

Con Planxty editar

  • Planxty (1973).
  • The Well Below the Valley (1973).
  • Cold Blow and the Rainy Night (1974).
  • After the Break (1979).
  • The Woman I Loved So Well (1980).
  • Words and Music (1983).
  • Planxty (2004).

Con Shaun Davey editar

  • The Brendan Voyage (1980).
  • The Pilgrim (1983).
  • Granuaile (1985).
  • The Relief Of Derry Symphony (1990).
  • Out To Another Side (1993).
  • May We Never Have To Say Goodbye (2006).

Notas editar