Abrir o menú principal

Liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid

Estación de Segovia-Guiomar, unha estación en pendente
Tren de provas de Adif (Adif serie 330) en El Goloso (Madrid) dirixindose cara Colmenar Viejo once días antes da apertura da LAV Madrid - Valladolid

A Liña de Alta Velocidade Madrid - Segovia - Valladolid é unha liña de alta velocidade que se abriu ao servizo comercial o 23 de decembro de 2007, e constitúe o primeiro tramo que entrou en funcionamento dos corredores norte e noroeste do ferrocarril de alta velocidade en España.

ConexiónsEditar

Segundo o PEIT 2005-2020 esta liña estará conectada coas seguintes:

CaracterísticasEditar

Esta liña está construída cunha plataforma preparada para a circulación de trens a 350 km/h, sinalización de tipo ERTMS II e ASFA dixital, franqueamiento de desvíos a 220 km/h e supón unha redución de máis de 70 km (28%) respecto ao trazado da Liña Xeral do Norte ou Imperial grazas aos túneles de San Pedro e de Guadarrama, de 9 e 28 km respectivamente. Reduciu os tempos de percorrido entre Madrid e Valladolid das 2:30 h a 56 min (velocidade media de 192 km/h). Ademais, grazas aos tres cambiadores de ancho duais que se instalaron en Chamartín, Valdestillas e Valladolid tamén reduciu os tempos de viaxe en todos os traxectos entre Madrid e o Norte-Noroeste de España.

Características técnicasEditar

L.A.V. Madrid-Segovia-Valladolid
    Cambiador de ancho
    Valladolid-Campo Grande
    Paso a nivel de Pinar de Antequera
    Río Douro
    a liña convencional Madrid-Irún (Cambiador de ancho)
    Valdestillas / Transición vía dobre a vía única
    Liña convencional Madrid-Irún
    Enlace con LAV Olmedo-Medina-Ourense (en construción)
    Cruce coa N-601
    Olmedo
    Nava de la Asunción
   
    Túnel de Tabladillo
    Garcillán
   
    Túnel de la Puentecilla
   
    Cruce con liña convencional
    Segovia-Guiomar
   
    Túneles de Guadarrama
   
    Soto del Real
    Cruce con liña convencional Madrid-Burgos
    Viaduto de Arroyo del Valle
    Túneles del Cerro de San Pedro
    Cruce con liña convencional Madrid-Burgos
    Posto de Banalización de Tres Cantos
    Cruce con liña convencional Madrid-Burgos
   

    Cruce con liña convencional Madrid-Alcobendas/S.S. de los Reyes
    Centro de mantemento de Fuencarral
    Cruce con enlace Pitis-Hortaleza
    Cruce con enlace Chamartín-Hortaleza
    Enlace a Chamartín ancho ibérico (Cambiador de ancho)
    Madrid-Chamartín
    Final de liña (Futuro túnel AV Atocha-Chamartín)
  • Inauguración: 22 de decembro de 2007 (posta en servizo o día seguinte).
  • Coste aproximado: 4.205 M€ (uns 700 M€ corresponden á reforma da RAF de Valladolid).
  • Licitación: encargada polo Goberno ao GIF (hoxe Adif) en 1998.
  • Estacións intermedias: Segovia-Guiomar (PK 68,3).
  • No PK 133,8 existe unha bifurcación cara á futura L.A.V. a Galicia, con desvíos franqueables a 220 km/h pola vía desviada (salto de carnero dende a vía dereita).
Outros datos técnicos
Lonxitude 179,6 km
Lonxitude total en túneles 42,1 km
Lonxitude total en viaductos 2 km
Ancho de vía UIC (1.435 mm)
Electrificación 25 kV 50 Hz CA
Velocidade Máxima 350 km/h
Sinalización ASFA digital e ERTMS II
Ancho plataforma 16 m
Posto de adelantamento e estacionamento de trens 3 (Soto del Real, Garcillán e Olmedo)
Posto de banalización 3 (Tres Cantos, Nava e Valdestillas)
Cambiadores de Ancho 3 (Chamartín, Valdestillas e Valladolid)

Obras singularesEditar

Redución dos tempos de viaxeEditar

Os trens Talgo foron substituídos por trens Alvia ao incorporar ás ramas de Talgo VII as novas cabezas da Serie 130 de Renfe, sendo así o conxunto do tren de rodaxe desplazable.

Así, estes trens pasan polo cambiador de ancho de Valdestillas ou de Valladolid para incorporarse á Liña Xeral do Norte desde esta liña de alta velocidade e viceversa reducindo o seu tempo de viaxe por redución da distancia e aumento da velocidade comercial no tramo Madrid-Valladolid.

O Talgo Madrid-Galicia desviouse máis tarde pola L.A.V. circulando ata o cambiador de Valdestillas, onde inviste o sentido da marcha e cambia de locomotora. Neste caso a redución de tempo foi menor, tan só 15-20 min, aínda que no tren Galicia-Madrid supuxo unha vantaxe o uso da liña ao poder recuperar mellor o atraso acumulado.

de Madrid a: tren anterior t d v-media tren actual t d v-media redución
Burgos Talgo 3:22 282 km 83,76 km/h Alvia 2:20 301 km 129 km/h 1:02
Irún Intercity 6:50 640 km 93,66 km/h Alvia 5:44 570 km 99,42 km/h 1:06
León Talgo 3:50 420 km 109,57 km/h Alvia 2:46 350 km 126,51 km/h 1:04
Miranda de Ebro Talgo 4:26 371 km 83,68 km/h Alvia 3:19 390 km 117,59 km/h 1:07
Oviedo Talgo 5:43 559 km 97,78 km/h Alvia 4:36 489 km 106,30 km/h 1:07
Palencia Talgo 2:50 298 km 105,18 km/h Alvia 1:44 228 km 131,54 km/h 1:06
Donostia Intercity 6:25 623 km 97,09 km/h Alvia 5:20 553 km 103,69 km/h 1:05
Santander Talgo 5:35 515 km 92,24 km/h Alvia 4:27 445 km 100 km/h 1:08
Segovia Rexional 2:03 101 km 49,27 km/h AVE 0:35 68 km 136 km/h 1:33
Valladolid Talgo 2:23 249 km 104,48 km/h AVE 0:56 179 km 191,79 km/h 1:27
Vitoria Intercity 4:39 493 km 106,02 km/h Alvia 3:41 423 km 114,84 km/h 0:58
Xixón Talgo 6:15 591 km 94,56 km/h Alvia 5:05 521 km 102,49 km/h 1:10

Servizos que circulan por estas liñasEditar

Tren << >> paradas intermedias material observacións
AVE Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande Segovia-Guiomar S102 1:10
AVE Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande sen paradas S102 0:56
Avant Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar sen paradas S130 0:35
Trens mixtos UIC-Ibérico
Alvia Madrid-Chamartín Hendaia Segovia-Guiomar
Valladolid-Campo Grande
Burgos-Rosa de Lima
Miranda de Ebro
Vitoria-Gasteiz
Altsasu
Donostia - San Sebastián
Irún
S130 cambio de ancho en Valladolid/Valdestillas
Alvia Madrid-Chamartín Bilbao-Abando Segovia-Guiomar
Valladolid-Campo Grande
Burgos-Rosa de Lima
S130 cambio de ancho en Valladolid/Valdestillas
Alvia Madrid-Chamartín Santander Segovia-Guiomar
Valladolid-Campo Grande
Palencia
Aguilar de Campóo
Reinosa
Torrelavega
S130 cambio de ancho en Valladolid/Valdestillas
1 tren ao día por sentido prolonga o seu percorrido a Alacant
Alvia Madrid-Chamartín Xixón-Cercanías Segovia-Guiomar
Valladolid-Campo Grande
Palencia
Sahagún
León
Mieres-Puente
Oviedo
Xixón-Jovellanos
S130 cambio de ancho en Valladolid/Valdestillas
1 tren ao día por sentido prolonga o seu percorrido a Alacant
Talgo Madrid-Chamartín A Coruña-San Cristovo Segovia-Guiomar
Medina del Campo
Zamora
Puebla de Sanabria
A Gudiña
Ourense-Empalme
O Carballiño
Santiago de Compostela
Talgo VII cambio de ancho en Valdestillas
Talgo Madrid-Chamartín Pontevedra (*)
Guillarei
Redondela
Vigo
Talgo VII (*)circula xunto coa rama da Coruña ata Ourense
cambio de ancho en Valdestillas

Velocidades máximasEditar

As velocidades máximas admisibles na liña coa sinalización ERTMS II en servizo son as seguintes. Nótese que por agora só se autoriza a circular a un máximo de 300 km/h durante 147 km da liña (82% de toda a liña).

km inicio km fin km/h
0,800 1,402 110
1,402 1,440 35
1,440 1,884 65
1,884 6,071 110
6,071 6,513 105
6,513 8,300 110
8,300 12,400 165
12,400 14,600 200
14,600 21,000 270
21,000 168,700 300
168,700 170,358 200
170,358 171,807 180
171,807 172,600 200
172,600 173,081 160
173,081 173,091 100
173,091 177,752 160
177,752 177,827 150
177,827 178,100 160
178,100 179,300 50