Liña de alta velocidade Madrid-Xaén-Granada

A liña de alta velocidade Madrid-Alcázar de San Juan-Xaén-Granada é unha liña de alta velocidade de España, actualmente en construción. Comunicará Madrid con Xaén a través do paso de Despeñaperros, e seguirá posteriormente ata Granada. Está en construción desde 2002 e espérase que entre en servizo ata Xaén en 2011.

Situación actual editar

Actualmente, a vía convencional entre Madrid e Xaén é dobre e electrificada, excepto en Despeñaperros, debido á dificultade do seu trazado, onde é vía única. As obras teñen por obxectivo cambiar os raís de largo ibérico por travesas polivalentes, utilizables tanto por trens convencionais como polos de alta velocidade.

Percorrido editar

A liña de alta velocidade Madrid-Xaén empezará en Mora, onde se separará unha galla do novo acceso ferroviario a Andalucía. A partir de Alcázar de San Juan continuará cara ao sur, ata o seu destino en Xaén.

Ampliación cara a Granada editar

A Xunta de Andalucía está realizando un estudo informativo sobre a posibilidade de estender esta liña de alta velocidade cara á cidade de Granada. A opción que manexa a Xunta[Cómpre referencia] é un percorrido por Martos, Alcaudete e Alcalá la Real, seguindo parcialmente o trazado das estradas A-316 e N-432.