Liña 6 do metro de Barcelona

L1
Tren da serie 111 de FGC.

A Liña 6 do metro de Barcelona é un servizo de ferrocarril metropolitano soterrado que forma parte da Liña Barcelona-Vallès de Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (antigos Ferrocarrils de Catalunya), compartindo infraestrutura con cinco servizos máis. A compañía Ferrocarril de Barcelona a Sarrià (FBS) construíu e inaugurou o Tren de Sarrià no ano 1863, que foi soterrado posteriormente e o tramo da Reina Elisenda inaugurouse no ano 1976.

No tocante ós túneles, a liña 6 comparte túnel co resto de servizos de Ferrocarrís da Generalitat de Cataluña entre a estación terminal de Barcelona - Plaça Catalunya e Sarrià. Coa liña 7 só até a Gràcia onde se bifurca para ir até Avinguda Tibidabo.

NotasEditar