Leymah Gbowee
Leymah Roberta Gbowee, nada en Liberia o 1 de febreiro 1972 é unha activista liberiana encargada de organizar o movemento de paz que puxo fin á segunda guerra civil do país en 2003. Isto conduciu á elección de Ellen Johnson Sirleaf en Liberia, a primeira nación africana que tivo como presidenta unha muller.[1] O venres 7 de outubro de 2011 Gbowee recibiu o Premio Nobel da Paz xunto á súa compatriota Sirleaf e á iemení Tawakkul Karman. En outubro de 2012, renegou de Sirleaf, acusándoa de nepotismo e de facer pouco polos máis pobres.[2]
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1972 ![]() Monrovia, Liberia ![]() |
Relixión | Luteranismo ![]() |
Educación | Universidade Oriental Menonita ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereitos humanos e resolución de disputas ![]() |
Ocupación | Activista |
Empregador | Universidade Columbia ![]() |
Membro de | |
Participou en | |
25 de outubro de 2022 | FII 6th Edition in Riyadh (en) ![]() |
Middle East and Africa Summit 2022 (en) ![]() ![]() |
|
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLeymah Gbowee naceu na zona central de Liberia. Á idade de 17 anos, trasladouse a Monrovia, Liberia, cando estalou a Primeira Guerra Civil. Formouse como terapeuta durante a guerra e traballou con nenos que foran soldados.[3] Rodeada polas imaxes da guerra, Gbowee deuse conta de que "se calquera cambio tivese que suceder na sociedade, devandito cambio tería que ser levado a cabo polas nais".[4] Ela é nai de seis fillos.[5]
Movemento pola Paz
editarEn 2002, Gbowee era unha traballadora social que organizou o grupo "Women of Liberia Mass Action for Peace". Este movemento de paz comezou co feito de que as mulleres nativas rezaban e cantaban nun mercado de peixe.[6] Ela organizou as mulleres cristiás e musulmás de Monrovia para que rezasen miles de mulleres, converténdose nunha forza política contra a violencia e contra o goberno.[7]
Baixo o liderado de Gbowee, as mulleres lograron forzar unha reunión co presidente Charles Taylor, e obtiveron unha promesa pola súa parte para asistir ás conversas de paz en Ghana.[8] Posteriormente, Gbowee encabezou unha delegación de mulleres de Liberia a Ghana para seguir aplicando a presión durante o proceso de paz.[9] O grupo de mulleres levou a cabo unha protesta silenciosa fronte ao Palacio Presidencial de Accra, dando lugar a un acordo durante as conferencias de paz que, anteriormente, estaban estancadas.
Gbowee e Confort Freemant, membros de dúas diferentes igrexas luteranas, organizaron a Rede de Mulleres de Consolidación da Paz (WIPNET, polas súas siglas en inglés), e dita organización emitiu unha declaración de intencións ao presidente. Esa declaración sinalaba: "No pasado estabamos en silencio, pero despois de ser asasinadas, violadas, deshumanizadas, e infectadas con enfermidades, e ver os nosos nenos e familias destruídas, a guerra ensinounos que o futuro está en dicir NON á violencia e SI á paz! Non cederemos ata que prevaleza a paz."[10]
O seu movemento puxo fin á Segunda Guerra Civil de Liberia en 2003 e conduciu á elección de Ellen Johnson Sirleaf, primeira muller que chegaba á presidencia dun estado africano.
Nunha entrevista polo Día Internacional da Muller, Gbowee tamén expresou:
O movemento de mulleres de paz de Liberia demostrou ao mundo que os movementos de base son esenciais para o mantemento da paz; que as mulleres en posicións de liderado son intermediarias eficaces para a paz, e a importancia dos movementos pola xustiza social, culturalmente pertinentes. A experiencia de Liberia é un bo exemplo para o mundo de que as mulleres -especialmente as mulleres africanas- poden ser impulsoras da paz[11]
Documental
editarGbowee é a personaxe central no documental cinematográfico realizado en 2008 e titulado Pray the Devil Back to Hell. O filme foi empregado como un instrumento de loita nos conflitos do Sudán e Zimbabwe, mobilizando as mulleres africanas para pedir paz e seguridade.[12]
Premios
editar- Premio Living Legends por Servizos á Humanidade.
- Medalla de Xustiza John Jay, entregada polo Colexio de Xustiza Criminal John Jay[13]
- Premio Gruber polos Dereitos da Muller en 2009.
- John F. Kennedy Premio Perfil de Coraxe en 2009.[14]
- Women's eNews 2008 Leaders for the 21st Century Award[15]
- Cinta Azul para a Paz da Escola de Goberno John F. Kennedy na Universidade Harvard en 2007.
- Premio Humanitario Joli da Escola Condado Riverdale en 2007.
Notas
editar- ↑ "CNN, October 31, 2009". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2018.
- ↑ "Nobel laureate Leymah Gbowee disowns fellow winner Ellen Johnson Sirleaf" (en inglés). Daily Telegraph. 8 de outubro de 2012.
- ↑ "Leymah Gbowee Biographical". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 221 de maio de 2019.
- ↑ 2009 Gruber Foundation Women's Rights Prize
- ↑ "NIEW International Conference 2010". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2018.
- ↑ "2009 Peace warrior for Liberia". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2018.
- ↑ "Guideposts review". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2018.
- ↑ Bio of Gbowee Leymah
- ↑ Center for American Progress
- ↑ "WOMENS PEACE MOVEMENT OF LIBERIA". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2018.
- ↑ "International Women´s Day: Interview With Leymah Gbowee, Global Education Magazine, 8th March, ISSN 2255-033X". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2018.
- ↑ Mediaglobal, novembro de 2009
- ↑ "John Jay Justice Awards". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2011. Consultado o 29 de setembro de 2011.
- ↑ Bill Moyers Journal, 19 de junio de 2009
- ↑ 2008 - Seven Who Topple Tyrannies
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Ligazóns externas
editar- "Unlock the intelligence, passion, greatness of girls" (TED2012)
- WIPSEN-Africa
- WIPNET
- Masters program alumni profile
- Ubben Lecture at DePauw University; febreiro 15, 2012
- Leymah Gbowee at Women, War & Peace at PBS
- Leymah Gbowee Discusses Women, War & Peace on Tavis Smiley' Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., WNET, entrevista completa en vídeo do 5 de outubro de 2011
- Leymah Gbowee to Address International Educators Conference – NAFSA
- Entrevista con Leymah Gbowee en SGI Quarterly "Unleashing the Power of Women"