O símbolo da Letra Q do leite, formado a partir de LEite cru de vaca, TRAzabilidade e Qualidade, é un sistema de identificación do leite e produtos lácteos obtidos e transformados en España, de forma que garantan a rastrexabilidade do leite producido e utilizado nas industrias transformadoras.

A Letra Q do leite nun tanque refrixerado

Características editar

Baséase nun sistema informatizado, de ámbito nacional e dependente do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, que permite identificar e rexistrar tódolos movementos do leite cru de vaca en tódalas fases da produción e transformación, incluíndo produtores, transportistas, operadores, Administración e laboratorios, e o seu obxectivo é asegura-la rastrexabilidade e garantir unha calidade contrastada. Paralelamente, permite garantir unha diferenciación do leite producido en Galicia.

A Letra Q, cuxo deseño e tipografía están definidos legalmente, será de cor vermella e conterá a palabra "letra" en amarelo. O logotipo utilizarase para identifica-las explotacións, contedores, tanques frigoríficos, cisternas e documentación relacionada co leite elaborada baixo estas condicións. A maiores, cada explotación, cisterna ou tanque de frío identifícase mediante un código individual.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Real Decreto 217/2004, de 6 de febreiro, polo que se regulan a identificación e rexistro dos axentes, establecementos e contedores que interveñen no sector lácteo, e o rexistro dos movementos do leite (BOE nº 43, de 19.02.2004) [1].
    • Modificado por Real Decreto 1600/2011, de 4 de novembro (BOE nº 287, do 29.11.2011) [2].
  • Real Decreto 405/2010, de 31 de marzo, polo que se regula o uso do logotipo "Letra Q" na etiquetaxe do leite e dos produtos lácteos (BOE nº 79, de 1.04.2010) [3].

Ligazóns externas editar