Leticia Romero

xogadora de baloncesto española

Leticia Romero González, nada en Agüimes o 28 de maio de 1995, é unha xogadora de baloncesto española, que xoga na posición de base. É internacional coa selección absoluta española coa cal obtivo medalla de prata no Mundial 2014 e nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro 2016 e a de Bronce no Eurobasket 2015, ademais de numerosas medallas e recoñecementos nas categorías inferiores.[1]

Leticia Romero
Nacemento28 de maio de 1995
Lugar de nacementoAs Palmas de Gran Canaria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Estadual do Kansas e Universidade do Estado da Flórida
Ocupaciónbaloncestista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Con 15 anos, 4 meses e 21 días, debutou en Liga Feminina co seu equipo, o C.B. Islas Canarias.[2] Tras tres tempadas en España en 2013 é recrutada pola Universidade de Kansas State. Tras un primeiro ano en Kansas solicita o "tranfer exception" para marcharse aos Seminoles da Universidade Estatal de Florida, onde pasa tres anos de éxitos.[3]

En abril de 2017 foi elixida no posto 16 na segunda rolda do Draft da WNBA por Connecticut Sun.[4] Aínda que rexeitou xogar na WNBA por centrarse na selección e ficha polo ZVVZ USK Praha, tras conseguir o ouro no Eurobasket 2017 disputado na República Checa.[5]

Tras unha tempada en Praga, incorpórase á WNBA fichando polos Dallas Wings.[6]

NotasEditar