Os miserábeis (filme de 2019)

filme de 2019 dirixido por Ladj Ly
(Redirección desde «Les Misérables (filme de 2019)»)

Os miserábeis (en francés: Les Misérables) é un filme francés de 2019 dirixido por Ladj Ly e escrito por Ly, Giordano Gederlini e Alexis Manenti. Baséase nunha curtametraxe homónima realizada polo propio Ly. Está protagonizado por Damien Bonnard, Alexis Manenti, Djebril Zonga, Issa Percia, Al-Hassan Ly, Steve Tientcheu, Almany Kanoute e Nizar Ben Fatma. O filme baséase na violencia policial ocorrida o 14 de outubro de 2008 en Montfermeil, observada e filmada por Ladj Ly. Montfermeil é un suburbio a 25 quilómetros ó nordeste de París onde, na novela Os miserables de Victor Hugo (1862), o exconvicto Jean Valjean coñece a Cosette, unha nena maltratada polos seus pais adoptivos. O filme describe os abusos contra os cidadáns pobres, especialmente os adolescentes de etnia árabe ou africana.

Os miserábeis
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalLes Misérables
DirectorLadj Ly
ProdutorToufik Ayadi
Christophe Barral
GuiónLadj Ly
Giordano Gederlini
Alexis Manenti
Baseado enLes Misérables
de Ladj Ly
Intérpretes
  • Damien Bonnard
  • Alexis Manenti
  • Djebril Zonga
  • Issa Percia
  • Al-Hassan Ly
  • Steve Tientcheu
  • Almany Kanoute
  • Nizar Ben Fatma
MúsicaPink Noise
FotografíaJulien Poupard
MontaxeFlora Volpeliere
Estudio
DistribuidoraLe Pacte
EstreaFestival de Cannes: 15 de maio de 2019
Francia 20 de novembro de 2019
Galicia 22 de novembro de 2019 (NUMAX)
Duración103 minutos
Orixe Francia
XéneroDrama
Recadación9,4 millóns de dólares[1]
Na rede
https://www.lesmiserables.movie/home/
IMDB: tt10199590 Filmaffinity: 984792 Allocine: 273579 Rottentomatoes: m/les_miserables_2020 Allmovie: v716248 Metacritic: movie/les-miserables-2019 Editar o valor em Wikidata

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 15 de maio. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de novembro a través da distribuidora Le Pacte. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Estreouse subtitulado en galego o 22 de novembro de 2019 a través de NUMAX (Santiago de Compostela).[2] Os subtítulos foron traducidos ao galego por Samuel Solleiro co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Sinopse editar

Stéphane únese ás brigadas anticriminais de Montfermei, onde coincide con Chris e Gwada. Ambos amósanlle as enormes tensións que existen entre os distintos grupos organizados que teñen como único obxectivo facerse co control do distrito.

Personaxes editar

  • Damien Bonnard como Stéphane / Pento
  • Alexis Manenti como Chris
  • Djebril Zonga como Gwada
  • Issa Perica como Issa
  • Al-Hassan Ly como Buzz
  • Steve Tientcheu como The Mayor
  • Almamy Kanoute como Salah
  • Jeanne Balibar como The Commissioner
  • Raymond Lopez como Zorro
  • Omar Soumare como Macha
  • Sana Joachaim como Bintou
  • Lucas Omiri como Slim
  • Nazar Ben Fatma como La Pince

Notas editar

  1. "Les Misérables". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2019. 
  2. numax.org (ed.). "Os miserábeis en NUMAX". Consultado o 9 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar