Abrir o menú principal
Casa do Concello de Parres

Les Arriondes[1] é unha vila asturiana capital do concello de Parres e, ao tempo, da parroquia de Cuadroveña, sita no mesmo municipio. En 2004 contaba cunha poboación de 2.552 habitantes.

Índice

XeografíaEditar

Les Arriondes está situada sobre unha curva que fai a confluencia dos ríos Sella e o seu afluente o Piloña. É a localidade máis importante de Parres. Dista 7 km de Cangas de Onís e 65 da capital autonómica, Oviedo.

EconomíaEditar

Unha das fontes principais de Les Arriondes e do seu concello é o turismo, enfocado ao montañismo. Pero a empresa que na actualidade fornece máis emprego é un centro sanitario: o hospital comarcal ou Hospital do Oriente de Asturias.

FestasEditar

Descenso do río SellaEditar

Sen dúbida a festividade máis popular é o Descenso Internacional do Sella, que parte precisamente desde Les Arriondes, e que se celebra o primeiro domingo de agosto.

Outras festasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar