Leptodactílidos

Familia de anfibios anuros
(Redirección desde «Leptodactylidae»)

Os leptodactílidos (Leptodactylidae) constitúen unha familia de ras de Suramérica e Centroamérica. O seu nome vén do grego e significa 'dedos delgados'. É unha familia moi diversa que probablemente diverxeu no Cretáceo doutras ras hiloides.[1] A familia sufriu revisións taxonómicas importantes en anos recentes, como a reclasificación da súa anterior subfamilia Eleutherodactylinae como a familia Eleutherodactylidae; deste xeito, agora Leptodactylidae contén 206 especies en 15 xéneros distribuídos por México, o Caribe, Centroamérica e Suramérica.[2] A familia comprende especies terrestres, escavadoras, acuáticas e arbóreas, que habitan nunha ampla variedade de hábitats.[3]

Leptodactílidos

Eleutherodactylus guttilatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Leptodactylidae
Werner, 1896
Distribución de Leptodactylidae (en negro)
Distribución de Leptodactylidae (en negro)

Distribución de Leptodactylidae (en negro)
Subfamilias

Varios dos xéneros de Leptodactylidae poñen os seus ovos en niños de escuma, que se poden depositar en gretas, na superficie da auga ou no chan do bosque. Estes niños de escuma son os máis variados entre as ras. Cando os ovos eclosionan en niños depositados no chan do bosque, os cágados permanecen dentro do niño, e non comen ata que experimentan a metamorfose.

Clasificación editar

A mediados de 2015, Amphibian Species of the World usaba esta clasificación:[4]

Notas editar

  1. Heinicke, M.P., W.E. Duellman & S.B. Hedges (2007). "Major Caribbean and Central American frog faunas originated by ancient oceanic dispersal". Proc. Natl. Acad. Sci. 104 (24): 10092–7. PMC 1891260. PMID 17548823. doi:10.1073/pnas.0611051104. 
  2. "AmphibiaWeb: Information on Amphibian Biology and Conservation". University of California, Berkeley, CA. Consultado o 2007-06-17. 
  3. Zweifel, Richard G. (1998). Cogger, H.G.; Zweifel, R.G., eds. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 89–90. ISBN 0-12-178560-2. 
  4. Frost, Darrel R. (2015). "Leptodactylidae Werner, 1896 (1838)". Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.0. American Museum of Natural History. Consultado o 28 August 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar