Leptinotarsa juncta

especie de insecto

Leptinotarsa juncta é un escaravello crisomélido que vive principalmente na zona media-atlántica e sur dos Estados Unidos, estendéndose ata Maine.

Os adultos emerxen do solo a finais da primavera ou principios do verán e empezan a aparearse e poden enxendrar dunha a tres xeracións nun só verán.

Aliméntase de plantas silvestres solanáceas, como Solanum carolinense e tamén doutras plantas como as Physalis spp., e Solanum dulcamara, pero non pode crecer nin reproducirse se se alimenta de Solanum tuberosum (pataca).

L. juncta pode confundirse doadamente na súa área de distribución co seu conxénere Leptinotarsa decemlineata, o escaravello da pataca, e por iso en Norteamérica lle chaman falso escaravello da pataca. Porén, aínda que o adulto de L. juncta ten bandas alternantes negras e brancas no dorso, igual que o escaravello da pataca, unha das bandas brancas do centro de cada élitro está ausente e é substituída por unha banda marrón clara. Os ovos son lixeiramente máis longos e pon menores cantidades e cos ovos agrupados. A larva de dorso xiboso é similar, pero con só unha ou dúas ringleiras de manchas escuras en cada lado. As dúas especies parece que son incapaces de hibridar. Só o escaravello da pataca é unha praga agrícola importante.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar