Leopoldo González Agís

político galego

Leopoldo A. González Agís[1], chamado Poldo, ou Poldito para diferencialo do pai, nado en 1938 e finado en Sanxenxo o 3 de febreiro de 2014, foi un político galego.

Modelo:BiografíaLeopoldo González Agís
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor en Wikidata
Portonovo, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 2014 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Sanxenxo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Sanxenxo
1973 – febreiro de 1983 (dimisión)
← Miguel Ángel Botana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1110770

Traxectoria

editar

Fillo de Leopoldo González Pombo, que xa fora alcalde de Sanxenxo en dúas ocasións, na década dos corenta e dos cincuenta, era persoa coñecida da vila de Portonovo. Delegado local do Instituto Social da Mariña[2], foi designado alcalde de Sanxenxo en 1973 en substitución de Miguel Ángel Botana. Coa caída da ditadura, e logo dun cesamento obrigado legalmente[2], González Agís presentouse ás primeiras eleccións municipais democráticas encabezando a candidatura da UCD e revalidou o seu cargo na alcaldía, posto onde permaneceu durante catro anos máis ata 1983, cando dimitiu no mes de febreiro. Durante esta lexislatura deulle algunhas competencias a concelleiros da oposición[2].

Ademais, foi secretario da confraría de pescadores de Portonovo e presidente da SD Portonovo, o club de fútbol. Durante varios anos disputouse un torneo de verán que leva o seu nome[3].


Predecesor:
Miguel Ángel Botana
  
Alcalde de Sanxenxo
 
1973 - 1983
Sucesor:
Antonio Pérez Pereira
  • Pinceladas de la historia, costumbres y tradiciones de Portonovo, 1996.
  • Los cuentos del tío Ramón, 1999.
  1. "Esquela online de Leopoldo A. González Agís fallecido en Sanxenxo #DEP". www.rememori.com. Consultado o 2021-01-31. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Rodríguez, Adrián (2014-02-04). "Muere Leopoldo González Agís a los 76 años". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-01-31. 
  3. "Sanxenxo da su último adiós a "Poldo"". Faro de Vigo (en castelán). 2014-02-05. Consultado o 2021-01-31. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar