Leopoldo Galtieri
Leopoldo Fortunato Galtieri Castelli, nado en Caseros, provincia de Buenos Aires, o 15 de xullo de 1926 e finado en Buenos Aires o 12 de xaneiro de 2003, foi un militar e ditador arxentino, que alcanzou a comandancia do Exército Arxentino, co rango de tenente xeneral. Foi presidente de facto da Arxentina entre 1981 e 1982.
Nome orixinal | (es) Leopoldo Fortunato Galtieri Castelli |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de xullo de 1926 Caseros, Arxentina (pt) |
Morte | 12 de xaneiro de 2003 (76 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | cancro de páncreas infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Chacarita |
Presidente da Nación Arxentina | |
22 de decembro de 1981 – 18 de xuño de 1982 ← Roberto Eduardo Viola – Alfredo Oscar Saint-Jean → | |
Chief of the Army General Staff (en) | |
29 de decembro de 1979 – 18 de xuño de 1982 | |
Comandante | |
1979 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Colégio Militar da Nação (pt) Escola das Américas |
Actividade | |
Lugar de traballo | Guarnição do Exército “Rosario” (pt) |
Ocupación | oficial, político |
Período de actividade | 1943 - 18 de xuño de 1982 |
Partido político | político independente |
Carreira militar | |
Lealdade | Arxentina |
Rama militar | Exército Arxentino |
Rango militar | tenente xeneral |
Conflito | Guerra das Malvinas |
Outro | |
Condenado por | Crime de lesa humanidade |
Descrito pola fonte | Lista de Ditadores de SourceWatch |
En abril de 1982, pouco despois de ocupar a Presidencia, ordenou a recuperación das illas Malvinas, consideradas pola Arxentina como territorio nacional usurpado, dando comezo á Guerra das Malvinas. Tres meses despois foi derrocado por un golpe militar interno, derivado da súa derrota na guerra. En 1985 foi absolto no Xuízo ás Xuntas, onde foi acusado de cometer delitos de lesa humanidade, e en 1986 foi condenado a 12 anos de prisión e degradación polas súas accións no conflito. Foi indultado de ditos delitos en 1989 polo presidente Carlos Menem.
En 2002 foi detido como sospeitoso de ter cometido delitos de lesa humanidade durante a última ditadura militar, pero morreu no cárcere ao ano seguinte antes de ser xulgado.
Presidente da Arxentina | ||
---|---|---|
Segue a: Carlos Alberto Lacoste |
Leopoldo Galtieri | Precede a: Alfredo Oscar Saint-Jean |
militar |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |