Leonor da Provenza

Leonor da Provenza, nada en Aix-en-Provence, cara ao 1223 e finada en Amesbury, Wiltshire, o 24 de xuño de 1291, foi raíña consorte de Inglaterra polo seu matrimonio con Henrique III de Inglaterra, desde 1236 ata 1272. En 1253 foi a rexente de Inglaterra durante a ausencia do seu marido.[1]

Leonor da Provenza
Raíña consorte de Inglaterra

Reinado14 de xaneiro de 1236 -16 de novembro de 1272
Nacementoc. 1223
Aix-en-Provence
Falecemento24/25 de xuño de 1291
Amesbury, Wiltshire
SepulturaAbadía de Amesbury, Amesbury
Cónxuxe/sHenrique III de Inglaterra
Casa realCasa de Barcelona
ProxenitoresRamón Berenguer IV da Provenza
Beatriz de Savoia

Escudo de Leonor da Provenza
Na rede
WikiTree: Provence-162 Find a Grave: 8323576 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que foi completamente devota ao seu marido e o defendeu incondicionalmente en contra do rebelde Simon de Montfort, 6º conde de Leicester, foi moi odiada polos londinienses. Isto debeuse a que trala súa chegada a Inglaterra, trouxo con ela a un gran número de familiares no seu séquito, coñecidos como os "savoianos".[2] Este grupo gozou de grande influencia no goberno e na corte.[2] Nunha ocasión, a barca na que ía a raíña foi atacada polos cidadáns, quen lle lanzaron pedras, barro, ovos e verduras.[3]

Leonor tivo cinco fillos, entre os que se inclúe o rei Eduardo I de Inglaterra. Tamén é recordada pola súa intelixencia, habilidade para a poesía e as súas tendencias na moda.[4]

Notas editar

  1. Strickland, Agnes. Lives of the Queens of England: From the Norman Conquest
  2. 2,0 2,1 Costain 1959, p. 130-140.
  3. Costain 1959, p. 253-254.
  4. Costain 1959, p. 127.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Leonor da Provenza
Nacemento: c. 1223 Falecemento: 24/25 de xuño de 1291


Realeza inglesa
Precedido por
Isabel de Angulema


Raíña consorte de Inglaterra
Señora de Irlanda

14 de xaneiro de 1236 – 16 de novembro de 1272
Sucedido  por
Leonor de Castela