Leonor Teles de Meneses

política portuguesa
(Redirección desde «Leonor Teles de Meneces»)

Leonor Teles de Meneses, cognominada A Aleivosa, nada en Tras os Montes c. 1350 e finada en Tordesillas o 27 de abril de 1386, foi raíña de Portugal entre 1371 e 1383, polo seu matrimonio con Fernando I, con quen casou o 15 de maio de 1372. En febreiro de 1373, nacía Beatriz de Portugal.

Infotaula de personaLeonor Teles de Meneses

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1350 Editar o valor em Wikidata
Tras os Montes e Alto Douro, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte27 de abril de 1386 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Tordesillas Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro Real de Santa Clara de Tordesillas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rexente Reino de Portugal
Raiña de Portugal
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRaiña de Portugal Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Teles de Meneses (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFernando I de Portugal (1371 (Gregoriano)–)
João Lourenço da Cunha (pt) Traducir , divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosÁlvaro da Cunha, senhor de Pombeiro (pt) Traducir
 () João Lourenço da Cunha (pt) Traducir
Beatriz de Portugal
 () Fernando I de Portugal Editar o valor em Wikidata
PaisMartim Afonso Telo de Meneses (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Aldonca de Vasconcellos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJoão Afonso Telo de Meneses, 6.º conde de Barcelos (pt) Traducir, Gonçalo Telo de Menezes, Conde de Neiva e Faria, Senhor de Castanhede (en) Traducir, Maria Telles de Meneses (pt) Traducir e Juana Téllez de Meneses (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Telles_de_Meneses-1

Traxectoria editar

Sobriña de Xoán Afonso Telo de Meneses, conde de Barcelos, descendía polo seu pai (Martín Afonso Tello de Meneses) do rei Froila II de Asturias e León e, pola súa nai (Aldonça Anes de Vasconcelos) de Teresa Sánchez, filla bastarda do rei Sancho I de Portugal.

Coa morte de Fernando o 22 de outubro de 1383, Leonor asumiu a rexencia do reino e o seu amante galego Xoán Fernández de Andeiro pasou a vivir no pazo real. Esta ligazón desagradou principalmente ao pobo, á burguesía e a parte da nobreza, que odiaban a rexente e temían un matrimonio cun soberano vencellado á coroa castelán-leonesa.

Xoán, Mestre de Avis, apoiado por un grupo de nobres, entre os que Álvaro Pais, e o mozo Nuno Álvares Pereira foi animado polo descontento xeral a asasinar o conde de Andeiro. A acción tivo lugar no pazo, a 6 de decembro de 1383, e iniciou o proceso de obtención da rexencia en nome do infante Xoán

Leonor fuxiu de Lisboa, fiel ó Mestre de Avis, e refuxiouse en Ourense e logo en Santarém, cidades fieis á causa da raíña, onde intentou manobrar politicamente a súa continuidade no poder. Porén, co desenvolvemento do conflito entre o Mestre de Avis e o rei castelán, a rexente perdeu espazo de manobra e acabou por ceder a rexencia a Beatriz, esposa de Xoán I de Castela.

Coa vitoria do partido do Mestre de Avis na guerra civil, este converteuse en rexente e despois rei, e Xoán I de Castela, xenro de Leonor, internouna no mosteiro de Tordesillas, preto de Valladolid, onde viría a falecer.


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.