Leni Larsen Kaurin

futbolista norueguesa

Leni Larsen Kaurin, nada o 21 de marzo de 1981 en Skarbøvik, Ålesund, é unha futbolista norueguesa que xoga (en 2010) no equipo alemán do FFC Turbine Potsdam e na selección nacional de Noruega, seleccionada 37 veces coas seleccións inferiores debutou na absoluta en 2001.

Leni Larsen Kaurin
Información persoal
Nacemento 21 de marzo de 1981
Lugar de nacemento Ålesund
Altura 1.66 metros
Posición centrocampista
Na rede
Twitter: LeniKaurin FIFA: 197512 UEFA: 49068 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Kaurin comezou a xogar no principal equipo feminino noruegués, o Asker Fotball, en 1998 con tempadas no Team Strømmen FK, previamente fora xogadora do Karbøvik IF e do Fortuna Ålesund. No ano 2006 comezou a xogar regularmente na liga norueguesa e en setembro de 2007 xogou un papel destacado no Mundial de Fútbol Feminino da China, onde o equipo nacional quedou en cuarto lugar. Nos Xogos Olímpicos de 2008 marcou o primeiro gol da selección norueguesa o 6 de agosto de 2008 ós 61 segundos do partido contra os Estados Unidos, o que o converteu no gol máis tempraneiro da historia do fútbol olímpico ata que seis días despois Heather O'Reilly bateu o récord.