Lena Frances Edwards

Lena Frances Edwards, nada en Washington, D.C., o 17 de setembro de 1900[1] e finada en Lakewood, Nova Jersey, o 3 de decembro de 1986, foi unha médica estadounidense que recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade.

Infotaula de personaLena Frances Edwards

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte3 de decembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Lakewood, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Howard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica , obstetra Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Edwards-34488

Traxectoria editar

Primeiros anos e educación editar

Edwards naceu en Washington, D.C., filla do dentista e cirurxián oral Thomas W. Edwards e de Marie Coakley Edwards, ama de casa. O seu pai daba clases no Howard University College of Dentistry.[2]

Edwards foi a graduada con mellores cualificacións da súa promoción da Dunbar High School de Washington de 1917. Completou os estudos de grao na Universidade Howard en tres anos e graduouse na escola de medicina desa universidade en 1924. Mentres estaba alí uniuse á Delta Sigma Theta, da que foi presidente entre 1920 e 1921.

Carreira na medicina editar

En 1925, Edwards e o seu marido mudáronse a Jersey City, e ambos comezaron a practicar a medicina. Edwards converteuse nunha voceira da saúde pública e defensora do parto natural mentres traballaba coa comunidade europea inmigrande do condado de Hudson. En 1931 entrou no Margaret Hague Hospital de Jersey City, mais non foi admitida para realizar a residencia en obstetricia e xinecoloxía alí ata 1945.

Edwards volveu a Washington en 1954 e deu clases na Universidade Howard. Foi conselleira médica da National Association of Colored Women's Clubs e presidiu o comité de saúde materna da Urban League do Distrito de Columbia.

Aos 60 anos contribuíu a fundar a Clínica de Maternidade Our Lady of Guadeloupe en Hereford, Texas, encargada de axudar as familias dos traballadores emigrantes mexicanos.[2] Doou máis dun terzo dos cartos necesarios para a construción do edificio e traballou alí sen salario.[2] Estivo alí ata 1965, cando un ataque cardíaco a levou a deixar o posto e mudarse de volta a Washington. Alí traballou na Office of Economic Opportunity e no proxecto Head Start ata a súa xubilación en 1970.

Faleceu en 1986 en Lakewood, New Jersey.

Vida persoal editar

Edwards e Keith Madison, compañeiro na escola de medicina, casaron despois da súa graduación. Tiveron seis fillos entre 1925 e 1939. Deles, dous fixéronse médicos, un traballador social, un oficial da forza aérea e un sacerdote católico.[2] Edwards e Madison separáronse en 1947.

Relixión editar

Edwards foi unha católica devota durante toda a súa vida. En 1947 converteuse en membro leiga da Orde Terceira de San Francisco. O seu fillo Thomas Madison uniuse á Congregación Franciscana da Penitencia en 1953 adoptando o nome relixioso de Martin.[3] Foi ordenadao en 1962, primeiro sacerdote afroamericano desta congregación.[4] O traballo de Edwards en Hereford foi inspirado polo seminario do seu fillo: tras asistir a unha misa alí, dixo que quería servir os pobres cando os seus fillos medrasen.[2] Un dos compañeiros do seu fillo recomendoulle que visitase Hereford.[2] Primeiro fixo unha longa visita ao lugar e posteriormente volveu para a construción da clínica.[2]

Honras e legado editar

O seu servizo foi recoñecido en 1964 polo presidente Johnson cando lle outorgou a Medalla Presidencial da Liberdade. En 1966 recibiu un grao de honra do Saint Peter's College de Nova Jersey. Foi galardoada coa Medalla Poverello en 1967.

Edwards foi diplomada do American Board of Obstetrics and Gynecology e membro do Colexio Internacional de Cirurxiáns.

En 1955, foi nomeada Muller Médica do Ano polo distrito de Nova Jersey da American Medical Women's Association.[2]

Notas editar

  1. Smith, Deborah (1994). "Edwards, Lena Frances (1900–1986)". Black Women in America: An Historical Encyclopedia. Bloomington: Indiana University Press. pp. 387–388. ISBN 0-253-32774-1. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Lady Doctor to Migrant Workers". Ebony (en inglés) (Johnson Publishing Company): 59–68. Febreiro de 1962. 
  3. Catholic Under the Hood
  4. Atonement Friars[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar