LARSA

empresa láctea galega
(Redirección desde «Leite Larsa»)

LARSA (acrónimo de Láctea Agrícola Rodríguez Sociedad Anónima) é unha empresa láctea e de derivados lácteos fundada polos irmáns Rodríguez López. Actualmente forma parte do Grupo Capsa.

Larsa

Vaca na central leiteira Larsa (Vilagarcía de Arousa)
TipoSociedade Anónima
Fundación1933 co nome actual dende 1947
MatrizCAPSA
LocalizaciónVilagarcía de Arousa, Pontevedra Galicia Galicia
FundadorRodríguez López
IndustriaLáctea
ProdutosLeite
Queixo
Iogures
Número de empregados250 en 2016 (90 en Vilagarcía)[1]
Na rede
https://leitelarsa.es/
Facebook: LeiteLarsa Twitter: leitelarsa Instagram: leite_larsa Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

En 1933 os irmáns Rodríguez López comezaron a producir de xeito profesional queixo plano tipo Arzúa na Granxa Arxeriz. Co tempo abriron unha planta industrial en Chantada e despois da guerra civil fundaron a Central Leiteira de Vigo.

En 1947 naceu Larsa como marca, coa creación de Lacto Agrícola Rodríguez, S. A. con sede en Vilagarcía de Arousa. Alí fabricaban varios tipos de queixo e a partir de 1962 leite en bolsa e posteriormente tetra-pack. En 1964, abriu a Central Leiteira en Balaídos (Vigo) e ampliou a produción a leite pasteurizado, sobremesas e nata. Nos anos 70 xa vendía en toda España.

Na década de 1980 mercou a fábrica Arxeriz en Outeiro de Rei, Iberolacto en Ourense, Xeve en Pontevedra, Ilasa en Madrid e Vega de Oro en Meira. Larsa chegou a ter 1.200 empregados e 6.000 puntos de venda cunha facturación de 20.000 millóns de pesetas. A finais desa mesma década, Larsa participou na reestruturación do sector lácteo galego, integrándose no grupo Iberlat.

En 1991 foi adquirida por Union Laitière Normande (ULN)[2]. En 1992 modernizou a planta de Vilagarcía centrando alí a produción de Larsa. En 1992 modernizouse a planta de Outeiro de Rei pasando toda a fabricación en brik a Outeiro de Rei (planta de Arjeriz) e toda a fabricación de queixo a Vilagarcía. En 1994 pasou a mans de Central Lechera Asturiana (CLAS)[2]. En decembro de 1997 integrouse en CAPSA xunto con CLAS e Ato. CAPSA é un dos maiores grupos lácteos de España.

A empresa cumpre as normativas UNE-EN-ISO 9001:2008 de calidade en Vilagarcía e Outeiro de Rei. En Lugo tamén coa UNE-EN-ISO 14001:2004.

Produtos

editar
  • Leite
  • Iogures
  • Sobremesas
  • Queixo
  1. Larsa moderniza su fábrica de quesos y yogures de Vilagarcía foodretail.es
  2. 2,0 2,1 Diccionario Enciclopédico Galego Universal. Ir Indo / La Voz de Galicia. 2003. ISBN 84-7680-429-6. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar