Leila Salazar-Lopez

Leila Salazar-López é unha activista polo clima estadounidense e, desde 2015, é a directora executiva da organización sen ánimo de lucro Amazon Watch.[1][2]

Infotaula de personaLeila Salazar-Lopez
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Califórnia en Santa Bárbara - título de grao (1993–1998) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista , activista climática Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4361571 Twitter: LeilaSalazar10 LinkedIn: leila-salazar-lopez-58a05053 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1998, graduouse na Universidade de California en Santa Bárbara, cunha Licenciatura en Ciencias Ambientais e Ciencias Políticas. Traballou no campo dos dereitos humanos e o cambio climático durante máis de vinte anos como militante de base e directora de defensa internacional para Amazon Watch, Rainforest Action Network, Global Exchange e Green Corps.[3] Vive en San Francisco, California, co seu esposo e as súas dúas fillas. Identifícase como unha "muller Chicana-Latina orgullosa", e descríbese a si mesma como "unha apaixonada defensora da Nai Terra, a Amazonia, os dereitos dos indíxenas e a xustiza climática".

Como directora executiva de Amazon Watch, lidera a organización co obxectivo de protexer e defender a integridade biocultural e climática da selva amazónica ao asociarse cos pobos indíxenas para protexer os seus dereitos e territorios.[4] Tamén dirixiu Amazon Watch en cooperación con organizacións como Greenpeace, 350.org, Sierra Club, Rainforest Action Network, entre outras, co fin de garantir a responsabilidade social corporativa, o respecto dos dereitos indíxenas e a preservación do ecosistema amazónico. En 2017, Salazar-López apareceu como convidada na retransmisión 24 Hours of Climate Reality, como parte do Climate Reality Project, onde falou sobre a importancia de protexer a rexión amazónica.[5]

Conferencias editar

Salazar-López apareceu en numerosas conferencias para avogar pola rexión da selva amazónica e os seus habitantes indíxenas. Algúns dos seus discursos e presentacións inclúen:

  • Women Leading Solutions on the Frontline of Climate Change - 29 de abril de 2017, Washington, DC
  • Latinas liderando el cambio para la justicia y soluciones climáticas - 21 de outubro de 2016, Conferencia Nacional de Pioneros, San Rafael, California.
  • Sobre las ruinas de la Amazonía: violencia colonial y resistencia descolonial en las fronteras del cambio climático - 26 de outubro de 2015 na Universidade de California Santa Bárbara, California
  • Amazon: Defender Ríos y Derechos - 19 de marzo, Berkeley, California

Publicacións editar

Salazar-López escribiu e contribuído a unha variedade de artigos que inclúen:

  • China’s Other Big Export Product: Pollution. Con Paulina Garzón, publicado en The New York Times, 21/7/2017.[6]
  • What China and California have in common – the Amazon? Publicado en The Mercury News, 06/13/2017.[7]
  • ‘The Amazon is Life:’ Q&A with Sheyla Juruna, Indigenous woman warrior from the Brazilian Amazon. Publicado en Earth Island Journal, 10/12/2011.[8]

Notas editar

  1. Cohan, Ellen (24 de agosto de 2015). "Leila Salazar-Lopez" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2018. 
  2. "Leila Salazar-López Archives - Global Justice Ecology Project" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 7 de maio de 2018. 
  3. "Staff & Board" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2018. 
  4. "Our Work" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2018. 
  5. "24 Hours 2017 | 24hoursofrealityORG" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2018. 
  6. Garzón, Paulina (21 de xullo de 2017). "Opinion | China’s Other Big Export: Pollution". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  7. "Opinion: What China and California have in common — the Amazon?" (en inglés). 14 de xuño de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  8. "‘The Amazon is Life’. Q&A with Sheyla Juruna, Indigenous woman warrior from the Brazilian Amazon". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar