Leila Nachawati

escritora e activista sirio-galega

Leila Nachawati Rego, nada en Santiago de Compostela en 1978,[1] é unha escritora e activista sirio-galega. É profesora de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid e é especialista en temas de Oriente Medio e África. Colabora con varios medios de comunicación estranxeiros como Global Voices Online, Global Voices Advocacy ou a emisora catarí Al Jazeera, e tamén medios españois como El Mundo ou Eldiario.es.

Infotaula de personaLeila Nachawati

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónacadémica , Activista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Carlos III de Madrid Editar o valor em Wikidata
Interesado enGuerra civil siria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: leila_na Dialnet: 3183675 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de pai sirio e nai galega, estudou filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu tres anos en Kansas (Estados Unidos) onde estudou crítica literaria. Trasladouse a Granada, onde se licenciou en filoloxía árabe e fixo unha mestría en Cooperación Internacional ó Desenvolvemento que puxo en práctica en Tetuán (Marrocos).[2] É profesora de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid, onde imparte clases de Xornalismo Internacional, Violencia nos Medios, e Comunicación e Participación Cidadá na Rede. Ademais comezou o seu doutoramento nesta mesma universidade. Nachawati fala galego, castelán, inglés e árabe.

Notas editar

  1. González Romero, Claudia (14 de febreiro de 2017). "“Siria es un espejo deformado de lo que se vive aquí: se es racista y fascista y nos lo tragamos”". La Voz del Sur. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  2. Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (ed.). "Leila Nachawati". web.