Lei do Referendo Nacional
A Lei do Referendo Nacional (1945) foi unha das oito Leis Fundamentais do franquismo, e contemplaba a posibilidade de someter a referendo ou plebiscito algunha lei das concibidas por Franco e o seu goberno.
Os referendos levaríanse a cabo entre todos os homes e mulleres da Nación maiores de vinte e un anos. Autorizábase ao Goberno para ditar as disposicións complementarias conducentes á formación do censo e execución desta lei.
A lei entrou en vigor o 22 de outubro de 1945 e foi derogada coa Constitución española de 1978.