A lei de Stang é unha lei fonolóxica protoindoeuropea que recibe o seu nome do lingüista noruegués Christian Stang. A lei goberna as secuencias finais de palabra en vogal, seguida dunha laringal ou unha semivogal */y/ ou */w/, seguida de nasal. Segundo esta lei estas secuencias simplifícanse de xeito que as laringais ou as semivogais desaparecen, con alongamento compensatorio da vogal precedente.

Formulación editar

Esta regra adoita citarse da seguinte forma:

*Vwm > *Vːm

A miúdo engádense as regras

*Vmm > *Vːm e *Vh₂m > *Vːm 
*Vyi > *Vːy

Compárese:

  • PIE *dyéwm 'ceo' (acusativo singular) > *dyḗm > sánscrito dyā́m, ac. sg. de dyaús, latín diem (que serviu de base para o latín dies 'día'), grego Zen (reformado despois de Homero en Zena), ac. de Zeus
  • PIE *gʷowm 'boi, vaca' (ac. sg.) > *gʷōm > sánscrito gā́m, ac. sg. de gaús, grego (homérico e dialectal) bṓn, ac. sg. de bous 'boi, vaca'
  • O acusativo singular de PIE *dom- 'casa' é *dṓm, non **dómm̥.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Benjamin W. Fortson (2004): Indo-European Language and Culture: An Introduction. Blackwell Publishing. isbn: 1405103167. Páxina 64.
  • Ranko Matasović (1997): Kratka poredbenopovijesna gramatika latinskoga jezika. Matica hrvatska. Zagreb. isbn: 953-150-105-X.