Lei da Moeda de 1971 (Reino Unido)

lei británica sobre a moeda
Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da Moeda

A Lei da Moeda de 1971 (Coinage Act, 1971) foi aprobada polo Parlamento do Reino Unido o 12 de maio de 1971 e consolida as anteriores leis británicas relativas á cuñaxe de moeda no país.

Contido editar

Entre as súas disposicións, redefine o concepto de moeda de curso legal,[1] confirma o título de Mestre de Ceca (Master of the Mint) para o Ministro de Facenda e derroga a concesión do título honorífico de Gobernador da Casa da Moeda de Escocia, que ese ministro ostentaba desde a Lei da Moeda de 1870.[2][3]

Notas editar

  1. "Legal Tender Guidelines". The Royal Mint.
  2. Murray, A. L. (1999). "The Scottish Mint after the recoinage, 1709-1836". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. Nº 129. Páxinas 861-886.
  3. The Coing Act, 1870. Artigo 14.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar