A Lei nº 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, máis coñecida como Lei Valentín Paz-Andrade, é unha lei do Parlamento de Galiza.[1]

Lei Valentín Paz-Andrade
Data24 de marzo
LocalizaciónDOG n.º 68 de 8/4/2014
SignatariosUnanimidade do Parlamento de Galicia

Historia editar

 
Valentín Paz-Andrade

Nacida da Iniciativa lexislativa popular Valentín Paz-Andrade, da que se toma o nome co que máis comunmente se coñece a lei, é un instrumento normativo que pretende estreitar os lazos de Galiza e a variedade galega da lingua portuguesa co resto de variedades da lingua portuguesa e dos países onde é oficial.[2] A iniciativa popular, apoiada especialmente por sectores reintegracionistas da sociedade, leva o nome do economista, xurista e escritor galego Valentín Paz-Andrade, ilustre defensor do achegamento entre a norma escrita galega e portuguesa,[3] quen foi observador no Acordo Ortográfico de 1990.

Cando foi enviada ao Parlamento en 2012, a iniciativa contou con 17.000 sinaturas e foi aprobada por unanimidade en 2014.[2][4]

En 2022 o goberno da Xunta e a oposición valoraron a súa aplicación, discrepando nos obxectivos acadados.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar