Turanga Leela, tamén coñecida simplemente como Leela, é un personaxe ficticio de Futurama, unha serie de animación para televisión creada por Matt Groening e David X. Cohen. Na versión orixinal a súa voz pona Katey Sagal.

Historia

editar

Leela é a competente capitá da nave de Planet Express cun só ollo. Abandonada dende pequena pasou toda a súa infancia nun orfanato pensando que era unha orfa extraterrestre co desexo de coñecer as súas orixes. Porén, máis tarde dáse conta de que é filla duns mutantes de sumidoiro. Antes de converterse en capitá traballaba no laboratorio crioxénico onde coñeceu a Fry, o cal namorouse dela.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar