Lee Miller

fotógrafa estadounidense

Elizabeth Lee Miller, nada en Poughkeepsie (estado de Nova York) o 23 de abril de 1907 e finada en Chiddingly (East Sussex) o 21 de xullo de 1977, foi unha fotógrafa estadounidense.

Lee Miller
Nacemento23 de abril de 1907 e 1907
Lugar de nacementoPoughkeepsie
Falecemento21 de xullo de 1977 e 22 de xullo de 1977
Lugar de falecementoChiddingly
Causacancro
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterEscola Nacional Superior das Belas-Artes, Art Students League of New York e Oakwood Friends School
Ocupacióncorrespondente de guerra, fotógrafo de guerra, fotoxornalista, modelo, xornalista, artista e fashion photographer
CónxuxeRoland Penrose e Aziz Eloui Bey
FillosAntony Penrose
IrmánsJohnny Miller
Na rede
http://www.leemiller.co.uk/
IMDB: nm0998525 WikiTree: Miller-63750 Find a Grave: 26058335 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Durante a década de 1920 foi unha exitosa modelo na cidade de Nova York (chegando a ser musa de grandes fotógrafos como Man Ray ou Edward Steichen), ata que se mudou á cidade de París onde comezou a súa carreira de fotógrafa artística. Durante a segunda guerra mundial exerceu intensamente como fotoperiodista.

Traxectoria editar

O seu pai, de ascendencia alemá era afeccionado á fotografía e a miúdo utilizaba a súa filla como modelo para as súas fotografías, entre as que se atopan espidos realizados coa técnica estereoscópica.

Con 19 anos coñece o fundador da revista Vogue Condé Nast e inicia así a súa carreira de modelo. No mes de marzo do ano 1927 aparece na portada da revista Vogue cun debuxo realizado por Georges Lepape. Desta maneira Lee converteuse en moi pouco tempo nunca das modelos máis solicitadas de todo o planeta, sendo retratada por grandes mestres da fotografía como Edward Steichen, Arnold Genthe e Nikolas Murray.

No ano 1929 trasladarase á cidade de París coa intención de converterse en aprendiz de Man Ray. A pesar de que este a rexeitou nun principio, acaba converténdose na súa amante e musa. Abre o seu propio estudio fotográfico dedicándose varias veces a realizar fotografías de moda encargadas a Man Ray para que el puidese concentrarse na súa pintura, por iso moitas das fotografías asignadas a Man Ray foron en realidade realizadas por Lee Miller. É nestes anos cando pasa a formar parte dos movementos surrealistas grazas ás súas imaxes enxeñosas e humorísticas, utilizando en bastantes casos a técnica da solarización. O seu círculo de amigos contaba con personaxes tan ilustres como Pablo Picasso, Paul Éluard e Jean Cocteau, chegando incluso a participar na película reste último Le sang d'un poète (1930) interpretando unha estatua que cobra vida.

Tras rematar a súa relación con Man Ray volve de novo a Nova York en 1932, montando un estudio fotográfico coa axuda de seu irmán Erik que exercía de axudante de cuarto escuro. Ese mesmo ano participou na exposición de fotografía moderna europea realizada na galería Julien Levy de Nova York e en 1933 realiza unha exposición en solitario na mesma galería. Entre os clientes do seu estudo estiveron Joseph Cornell, Lilian Harvey, Gertrude Lawrence.

En 1934 casou con Aziz Eloui Bey e trasladouse a vivir a Exipto, onde non traballou de modo profesional malia realizar grandes fotografías surrealistas como a famosa Portrait of Space. En 1937 regresou a París, onde coñeceu o seu futuro marido, o crítico e coleccionista Roland Penrose.

Entre 1939 e 1945, durante a Segunda guerra mundial, formou parte do London War Correspondants Corp. e no seu exercicio como fotoperiodista foi correspondente de Vogue durante o Blitz e percorreu Francia fotografiando os desastres do Napalm no asedio de Saint-Malo, a liberación de París, a batalla de Alsacia e o horror nos campos de concentración de Buchenwald e Dachau. Tras volver ó Reino Unido nota os efectos do trastorno por estrés postraumático e en 1947 divórciase de Aziz Eloui Bey, casando con Roland Penrose do que estaba embarazada. Co nacemento do seu fillo, a súa actividade fotográfica foi practicamente anulada por completo. En 1949 trasladouse a vivir a Farley Farm House en Sussex onde reside ata o día da súa morte orixinada por un cancro.

Algunhas das súas fotografías escolléronse na exposición The Family of Man realizada no Museo de Arte Moderna de Nova York en 1955. En 1976 foi invitada de honor nos encontros internacionais de fotografía de Arles e en 1989 realizouse unha gran retrospectiva que percorreu boa parte dos Estados Unidos. No 2012 varias das súas obras apareceron na 13ª edición da documenta en Kassel.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar