Lee Krasner

artista estadounidense

Lenore "Lee" Krasner, nada en Nova York o 27 de outubro de 1908 e finada na mesma cidade o 19 de xuño de 1984, foi unha influente artista do expresionismo abstracto na segunda metade do século XX.

Infotaula de personaLee Krasner

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1984 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGreen River Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir
Cooper Union (pt) Traducir
Academia Nacional de Desenho (pt) Traducir
Washington Irving High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo East Hampton (pt) Traducir
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , ilustradora , gravadora , artista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte abstracta Editar o valor em Wikidata
MovementoExpresionismo abstracto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJackson Pollock (1945–1956) Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 1598685 WikiTree: Krasner-10 Find a Grave: 3812 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu como Lena Krassner en Brooklyn en 1908.[1] Os seus pais, de orixe ucraína, decidiron fuxir debido ao proceso antisemita que se deu neste período na súa zona de orixe.[2] Foi a cuarta de cinco fillos, incluída unha irmá, Ruth, e a primeira que naceu nos Estados Unidos.[3]

Orientou axiña a súa vida cara á arte.[3] Ao rematar os seus estudos primarios ingresou na Women’s Art School. En 1928, ao rematar a súa formación básica na arte, ingresou na National Academy of Design onde comezou a estudar os mestres antigos.[4] A forza que colleu o postimpresionismo e a apertura do Museo de Arte Moderna, inxectaron este novo modelo de pintura en Krasner, que orientou os seus novos estudos cara á pintura moderna.[5] Entón coñeceu a Hans Hofmann, que lle permitiu afondar máis nos novos estilos modernos, como o cubismo. Durante a Gran Depresión, ingresou no Federal Art Project, creado para dar emprego aos artistas neste período. Dedicada á pintura de murais xunto con outros artistas, viuse na situación de ter traballo mais non pintar o que realmente lle gusta. Tras este período ingresou na American Abstracts Artists,[6] volvendo ao estilo pictórico que máis lle atraía.[4]

A pesar de ser unha artista do impresionismo abstracto, a súa obra contén diversas variacións, motivadas polo seu estilo crítico e a negativa a centrarse nun estilo único. Estas variacións axudaron a crear un estilo propio e a diferenciala de artistas da súa época, entoa unha simboloxía propia que define a través da súa propia vida persoal. En 1942, comezou a seguir o traballo de Jackson Pollock, máis afín á súa natureza crítica, e rexeitou o cubismo que aprendera de Hofmann. Produciuse entón un choque entre o que realmente buscaba na pintura, levánoda a un investimento de tempo considerable nas súas obras e a posterior destrución da maioría.[7] Aínda que absorbeu a influencia da pintura de Pollock, Krasner non esqueceu a súa admiración pintores como Matisse ou Mondrian, incluíndo elementos de ambos nas súas composicións. A serie "Little Image", reproduce esta admiración.

Tralo seu matrimonio con Pollock, perdeu parte do seu traballo ao minimizar a súa produción.[8] Neses anos retomou un estilo moito máis sensual e centrado sobre todo na vida e a morte. Porén, á morte do seu home, retomou a arte con máis forza e creou as series "Earth Green" e "Umber".[7]

Tras recuperarse dun grave problema de saúde, na década de 1970 cambiou radicalmente o seu estilo, optando por unha pintura plana e case xeométrica cunhas coras moito máis puras. Tras exposicións individuais, conseguiu liberarse do alcume de "muller de Jackson Pollock" e logrou facerse un oco entre as persoas máis influentes da arte moderna nos Estados Unidos.[9]

Series editar

  • "Earth Green". Foi a serie que creou trala morte do seu home. Nela obsérvase un forte impresionismo abstracto, con imaxes extravagantes, salpicadas e arrodeadas de nacemento, destrución e rexeneración. Presentaba unha paleta de cores naturais de verdes, vermellos, brancos e castaños.[2]
  • "Night Journeys". Coincidiu cos períodos de insomnio que padeceu Krasner. Contiña imaxes máis escuras e meditadas. Este período concluíu debido a un aneurisma cerebral que sufriu a pintora.[2]

Obras principais editar

Pollock e Krasner editar

 
Tumba de Lee Krasner, coa de Jackson Pollock detrás, Green River Cemetery

Krasner promoveu a arte de Jackson Pollock a través dos seus amigos e contactos. As diferenzas xurdidas no concepto de "natureza" entre os distintos artistas que se reuniron, deron orixe ao abandono da cor negra por parte de Krasner, e a optar por distintos tons de grises. A pesar das críticas que recibía o seu marido, propuxo novas maneiras de promocionar a súa arte. Harold Rosenberg, que cuñou a expresión action painting, foi un forte opositor da pintura de Pollock, definíndoo como carente do concepto de natureza. Greenberg foi rival de Rosenberg, polo que Krasner decidiu presentarlle o seu home, o que deu lugar a un artigo moi favorecedor para Pollock.

A morte de Pollock orientou a pintura de Krasner, a un carácter máis audaz e positivo.[2]

Notas editar

  1. Brenson, Michael. "Lee Krasner Pollock is Dead - Painter of New York School", The New York Times, consultado o 8 de novembro de 2014.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Lee Krasner Biography". Consultado o 18 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Rose, Barbara. Lee Krasner: A Retrospective. New York: The Museum of Modern Art, 1983. pg. 13.
  4. 4,0 4,1 Levin, G. (2012). Lee Krasner. Nova York: William Morrow
  5. Rose, Barbara. Lee Krasner: A Retrospective. New York: The Museum of Modern Art, 1983. pg. 16
  6. Hobbs, Robert. "Lee Krasner". New York: Abbeville Press, 1993. pg. 27
  7. 7,0 7,1 Lee Krasner
  8. Lee Krasner
  9. Strassfield, C. (1995). Lee Krasner, the nature of the body. East Hampton, N.Y.: Guild Hall Museum
  10. "Self-Portrait". 
  11. "Gansevoort, Number 1". 
  12. "Still Life". 
  13. "Seated Nude". 
  14. "Composition". 
  15. "untitled". 
  16. "Number 3 (Untitled)". 
  17. "Lee KRASNER - Untitled, 1953". ABSTRACT EXPRESSIONISM - 14 July 2012 - 3 March 2013, International & Orde Poynton Galleries - National Library of Australia. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 7 de abril de 2015. 
  18. "Milkweed". 
  19. "Polar Stampede". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  20. "Untitled". 
  21. "Night Creatures". 
  22. "Gaea". 
  23. Krasner, Lee. "Gold Stone (litografía)". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  24. "Comet". 
  25. "Rising Green". 
  26. "Krasner, Lee - American, 1908-1984". National Gallery of Art. 2015. Consultado o 7 de abril de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar