Ledicia Piñeiro

actriz e política galega

Ledicia Piñeiro Prada, nada en Ourense en 1987, é unha actriz e política galega.

Infotaula de personaLedicia Piñeiro
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Diplomouse en educación social na Universidade de Vigo, e comezou a actuar na Aula de Teatro desa universidade, formándose logo con Sarabela Teatro. Militou na Xuventude Comunista e en Esquerda Unida ata 2014. Foi concelleira por Ourense en Común (2015-2018) e como integrante de Podemos encabezou a candidatura ao Congreso da coalición En Común-Unidas Podemos pola provincia de Ourense[1] nas eleccións xerais de abril de 2019, nas que non obtivo escano.

Notas editar