Os leóns de Buda (tamén coñecidos como leóns de Fu, cans de Fu, leóns coreanos ou quimeras chinesas) son uns animais fabulosos que teñen a súa orixe na tradición budista e que, consecuentemente, están bastante difundidos no oriente asiático, é habitual velos nos limiares de templos budistas e nalgunhas representacións do bodhisattva Manxusri. En chinés son tradicionalmente coñecidos como Shi (en chiné: 獅; pinyin: shī; literalmente: "león")

Leóns de Fu á entrada dun palacio
León de Buda en Borobudur (Xava)

Os leóns de Fu, polo xeral, son unha parella (de aí o plural) e cunha ou ambas as patas dianteiras apoiadas sobre unha esfera. En rigor, trátase dun macho e unha femia, cada un dos cales posúe distintos poderes e atributos. É frecuente achalos protexendo simbolicamente a entrada de templos e tumbas coa fin de asustar profanadores, demos e outros espíritos do mal (ver gárgola). Así, por exemplo, a Cidade prohibida, na China, está celosamente custodiada por varias parellas de leóns de Fu. A bandeira do Tíbet inclúeos como un dos motivos centrais.

Estes animais son tamén coñecidos como "leóns da felicidade" ou "leóns celestiais" e son emblemas de valor e enerxía, complementos indispensábeis da sabedoría.

Na tradición occidental ás veces confundíronse erroneamente con cans, o león é un animal consagrado a Buda. En efecto: estes animais non aparecen na arte chinesa primitiva, senón que foron introducidas tardiamente, co budismo, como defensores da lei e protectores dos edificios sagrados.

O simbolismo dos leóns de Fu considérase tamén nos estudos sobre o Feng Shui.

Véxase tamén editar