Laurie Lee

escritor británico

Laurence Edward Alan "Laurie" Lee, MBE, nado o 26 de xuño de 1914 en Stroud (condado de Gloucester) e finado na aldea veciña de Slad o 13 de maio de 1997, foi un novelista e poeta inglés.

Modelo:BiografíaLaurie Lee
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1914 Editar o valor en Wikidata
Stroud, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de maio de 1997 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Slad, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCancro colorrectal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSlad (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMarling School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, xornalista, autobiógrafo, poeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeKatherine Francesca Polge Editar o valor en Wikidata
FillosJesse Frances Lee Editar o valor en Wikidata
PaisReginald Joseph Lee Editar o valor en Wikidata  e Annie Emily Light Editar o valor en Wikidata
IrmánsJack Lee Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0497730 BNE: XX923712 Dialnet: 20586 Musicbrainz: 5e059bab-642b-428d-878f-f2abfaf04184 Discogs: 1078800 WikiTree: Lee-35916 Find a Grave: 5946 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado na vila de Stroud, a súa familia mudouse á aldea veciña de Slad cando el tiña tres anos, en 1917. Nese tempo o seu pai marcha a combater na primeira guerra mundial e ao remate decide non volver onda a súa familia, polo que Lee se criou unicamente coa nai. Estuda na escola local, pero déixaa aos quince anos para andar nos camiños. Nas proximidades da súa aldea traba coñecemento cunha colonia de anarquistas e ao pouco (1933) marcha a gañar a vida en Londres, traballando de axudante en oficinas e de peón nunhas obras durante un ano, e época na que lle publican os seus primeiros poemas nos xornais.

No verán de 1935 decide coñecer mundo e marcha a España a gañar a vida tocando o violín nas rúas. Desembarca no porto de Vigo, cruza o sur de Galicia en dirección a Zamora e a finais dese verán, despois de coñecer Madrid, Toledo e o escritor surafricano Roy Campbell, instálase en Almuñécar (Málaga), onde permanecerá ata o comezo da Guerra Civil española. Nos primeiros días da contenda, Lee é rescatado por un buque de guerra británico con base en Xibraltar e regresa a Londres, onde comeza a estudar Belas Artes. Pero meses máis tarde, presionado moralmente por abandonar España no comezo da Guerra, cruza a Francia e de alí atravesa os Pireneos a pé para incorporarse ás Brigadas Internacionais na loita contra o exército golpista.

De volta en Inglaterra, Lee traballou como xornalista e como guionista. Durante a segunda guerra mundial realizou varios documentais para departamentos do goberno británico, ata que a partir de 1944 traballa como director de publicacións para o Ministerio de Información do Reino Unido.[1] En 1950 Lee casa con Catherine Francesca Polge, coa que tivo unha filla, Jessie. De 1950 a 1951 traballou como subtitulador do Festival of Britain, traballo polo que lle foi concedida a Orde do Imperio Británico en 1952.

A partir dese ano dedícase profesionalmente á escrita e merca unha casa na aldea onde se criou, onde vivirá dende a década dos sesenta ata o seu falecemento a finais do século XX.

A súa triloxía autobiográfica é a súa obra máis coñecida, e o primeiro volume, Cider with Rosie (1959), é unha lectura escolar común no Reino Unido. Con todo, a súa primeira publicación foi un poema, que viu a luz en 1934 no xornal The Sunday Referee.

Cando partín unha mañá de verán, publicada en 1969, foi a súa primeira obra traducida ao galego, no ano de 2011.

Ficción e non ficción

editar
  • Land at War (1945)
  • An Obstinate Exile (1951)
  • A Rose for Winter: Travels in Andalusia (1955)
  • Man Must Move: The Story of Transport (with David Lambert) (1960)
  • The Firstborn (1964)
  • I Can't Stay Long (1975)
  • Innocence in the Mirror (1978)
  • Two Women (1983)

Autobiografía

editar

Poesía

editar
  • The Sun My Monument (1944)
  • The Bloom of Candles: Verse from a Poet's Year (1947)
  • My Many-Coated Man (1955)
  • Poems (1960)
  • Selected Poems (1983)

Gravacións

editar
  • Laurie Lee Reading His Own Poems (1960)

Obras de teatro

editar
  • The Voyage of Magellan: A Dramatic Chronicle for Radio (broadcast 1946; published 1948)
  • Peasants' Priest (1947)

Guións

editar
  • Cyprus Is an Island (1946)
  • A Tale in a Teacup (1947)

Obras para a radio

editar
  • The Voyage of Magellan (1946)[2]

Galardóns

editar

Ademais da Orde do Imperio Británico, recibiu Lee algúns premios literarios, como o premio da Society of Authors ao libro de viaxe en 1951 ou o premio de poesía William Foyle en 1956.

  1. Lyman, Rick. "Poet Laurie Lee Dies at 82." The New Straits Times, 20/5/1997.
  2. LAURIE LEE (1914-1997) - English poet and author Arquivado 17 de xullo de 2011 en Wayback Machine. TomFolio Books