Laurent Jorio

deseñador de moedas francés

Laurent Jorio, nado o 1 de xaneiro de 1973[1] en Bouaké, Costa de Marfil, é un deseñador francés, autor do anverso das moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro.

Laurent Jorio
Nacemento1 de xaneiro de 1973.
  Bouaké.
Costa do Marfil Costa do Marfil
ÁreaDeseño e gravado de moedas.
NacionalidadeFrancia Francés.
Sinatura
Marca de gravador de Jorio nunha moeda da súa creación.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Laurent Jorio diplomouse en 1990 do Bacharelato Internacional de Xenebra e en 1991 do bacharelato francés. Posteriormente cursou estudos superiores de Comercio Internacional e de Deseño e Comunicación Audiovisual na escola Créapole de París.[2]

 
Moeda de 10 céntimos de euro francesa de 2001.

Durante a súa estadía como estudante en París, en 1999 creou o deseño do anverso das moedas divisionarias francesas da serie do euro con valores de 10, de 20 e de 50 céntimos, consistente nunha reinterpretación da clásica "sementadora", creada en 1897 polo escultor e medallista francés Oscar Roty (1846-1911).[2][3]

A marca de gravador de Jorio nestas moedas consiste na inscrición da frase "L. JRIO d'ap. O. ROTY" ("Laurent Jorio a partir de Oscar Roty") en orientación vertical no seu anverso.[3]

Notas editar

Outros artigos editar