Laura Alarcón Rapu

política chilena

Laura Tarita Alarcón Rapu é unha política rapanui, actual gobernadora da illa de Pascua dende marzo de 2018.[1]

Infotaula de personaLaura Alarcón Rapu
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Illa de Pascua, Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo rapanui Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Hanga Roa Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou antropoloxía e até 2018 formou parte do consello da rexión de Valparaíso para a provincia da illa de Pascua durante dous mandatos.[2] Firme defensora das tradicións, da cultura e da lingua rapanui, en 2018 foi nomeada polo presidente Sebastián Piñera como a nova gobernadora da illa, sendo sucesora de Melania Hotu. Traballou no proxecto "Te Hokinga Mai", que consiste na repatriación do patrimonio cultural que se atopa fóra da illa.[3][4][5]

Notas editar