Laudio
concello de Áraba
Laudio (en éuscaro) ou Llodio (en castelán; oficialmente Laudio/Llodio) é un municipio de Áraba, no País Vasco (España), situado no val homónimo e na Cuadrilla de Aiara.
Trátase dun importante centro industrial e o segundo municipio máis poboado da provincia de Áraba, logo da capital Vitoria. Actualmente ten 18.276 habitantes (INE 2008).
Localización xeográficaEditar
Laudio atópase no noroeste de Áraba e lindando con Biscaia no val medio do río Nervión.
O municipio de Laudio limita cos arabeses de Okondo e Aiara e os biscaíños de Arrankudiaga e Orozko. A pesar de formar parte de Áraba, Laudio pertence ao área de influencia de Bilbao, que queda só a 20 km de distancia. Pola contra, Vitoria-Gasteiz, a capital provincial, está máis afastada, a 50 km de distancia.