Unha latrina[1] é un espazo sito fóra dunha vivenda nun cubículo destinado a defecar, e normalmente non conectado a ningún sumidoiro. A correcta deposición dos excrementos é fundamental para preservar a saúde das comunidades rurais e urbanas.

Latrinas romanas para uso público, atopadas en Ostia.

Mentres nas cidades a solución ideal é a recolección das augas negras por medio dunha rede de sumidoiros e o posterior tratamento en plantas de augas residuais, nas áreas rurais, con pouca densidade de poboación, a solución técnica e economicamente máis viable é a latrina.

Os numerosos gromos de cólera da historia foron causados en gran parte por uns deficientes sistemas de retirada dos excrementos. Por mor desas pandemias, moitos gobernos emprenderon campañas masivas de construción de latrinas e sumidoiros. Aínda que a latrina é en si unha construción moi sinxela, hai unha serie de normas que deben ser respectadas para maximizar a súa eficiencia.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para latrina.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar