Abrir o menú principal

Latas de sopa Campbell

Obra de Andy Warhol

Latas de sopa Campbell (en inglés: Campbell's Soup Cans), tamén coñecida como 32 latas de sopa Campbell,[1] é unha obra de arte producida en 1962 polo artista estadoundiense Andy Warhol. Consiste en trinta e dous lenzos, cada un de 50,8 cm de altura e 40,6 cm de largura, nos que hai pintada unha lata de sopa Campbell que reproduce tódalas variedades de sopa enlatada que a compañía ofrecía daquela.[2] As pinturas individuais foron realizadas cun proceso semimecanizado de serigrafía. O apoio de Campbell's Soup Cans respecto dos temas da cultura popular axudou á arte pop a converterse nun movemento artístico de transcendencia.

Latas de sopa Campbell
Andy Warhol Campbell's Soup Cans (MoMA - New York).jpg
ArtistaAndy Warhol
Data1962
TécnicaPintura de polímero sintético sobre lenzo
Dimensións50,8 cm × 40,6 cm
LocalizaciónMuseo de Arte Moderna (Nova York)

Para Warhol, un ilustrador comercial que se convertería nun autor de éxito, pintor e director de cinema, esta obra supuxo a súa primeira exposición individual nunha galería de arte como artista profesional.[3][4] A obra, exposta por vez primeira na Galería Ferus de Os Ánxeles, marcou o comezo da arte pop na costa oeste dos Estados Unidos.[5] Ó comezo, a mestura do proceso semimecanizado, o estilo e o tema comercial provocaron anoxo, xa que o evidente comercialismo mundano representaba unha aldraxa directa á técnica e filosofía do expresionismo abstracto, un movemento artístico que foi dominante durante o período posterior á Segunda Guerra Mundial e que se aferrabaa, non só ós valores e á estética das «Belas Artes», senón tamén a unha inclinación mística. Esta controversia conducíu a un gran debate sobre a ética e os méritos que supoñían este traballo. Os motivos de Warhol como artista foron postos en cuestión, e continúan a día de hoxe. A gran conmoción pública axudar a transformar a Warhol dende un experimentado ilustrador comercial dos anos 1950 a un notable artista de belas artes, e distinguíuno doutros artistas pop emerxentes. Aínda que a demanda comercial polas súas pinturas no foi immediata, a relación de Warhol co tema fixo que o seu nome se convertese en sinónimo das pinturas de Latas de sopa Campbell.

NotasEditar

  1. Frazier, páx. 708.
  2. Museo de Arte Moderna, ed. (2007). "La Colección". Consultado o 06-10-2009. [Ligazón morta]
  3. Angell, páx. 38.
  4. Livingstone, páx. 32.
  5. Lippard, páx. 158.