Last Place é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Grandaddy, publicado o 3 de marzo de 2017 a través do selo 30th Century Records. Autoproducido e gravado polo líder e artista principal da banda Jason Lytle, o álbum é o primeiro de Grandaddy dende Just Like the Fambly Cat (2006) e a ruptura anterior do grupo.

Last Place
Álbum de Grandaddy
Publicado3 de marzo de 2017
Xénero(s)indie rock, indie pop
Selo(s)30th Century Records
Producido porJason Lytle
Cronoloxía
Just Like the Fambly Cat
(2006)
Last Place Sophtware Slump ..... On a Wooden Piano
(2020)

Inspirado liricamente no divorcio de Lytle, o álbum estivo precedido polos sinxelos "Way We Won't", "A Lost Machine" e "Evermore".[1] Este é o último álbum no que aparece Kevin García no baixo, xa que morrería dun derrame cerebral dous meses despois do seu lanzamento.[2]

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por Jason Lytle

N.º Título Duración
1. "Way We Won't"   4:22
2. "Brush with the Wild"   4:08
3. "Evermore"   4:40
4. "Oh She Deleter :("   0:53
5. "The Boat is in the Barn"   4:38
6. "Chek Injin"   2:09
7. "I Don't Wanna Live Here Anymore"   2:33
8. "That's What You Get for Gettin' Outta Bed"   3:36
9. "This is the Part"   4:26
10. "Jed the 4th"   2:05
11. "A Lost Machine"   6:02
12. "Songbird Son"   4:19