Last Building Burning
Last Building Burning é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Cloud Nothings, publicado o 19 de outubro de 2018 a través do selo Carpark Records.
Last Building Burning | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Cloud Nothings | ||||
Publicado | 19 de outubro de 2018 | |||
Estudio(s) | Sonic Ranch, Tornillo, Texas | |||
Duración | 35:38 | |||
Xénero(s) | indie rock, emo, noise rock, post-hardcore | |||
Selo(s) | Carpark Records | |||
Producido por | Randall Dunn | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
O álbum gravouse en oito días co produtor Randall Dunn, que é máis coñecido polo seu traballo na produción de música drone e heavy metal. A gravación tivo lugar en Sonic Ranch, un estudio na cidade fronteiriza de Tornillo, Texas. O álbum anunciouse o 13 de agosto de 2018, coincidindo co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "The Echo of the World".[1] Antes da publicación do disco lanzáronse dous sinxelos máis: "Leave Him Now"[2] e "So Right So Clean".[3]
Listaxe de cancións
editarToda a música e letras por Dylan Baldi.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "On An Edge" | 3:15 |
2. | "Leave Him Now" | 3:04 |
3. | "In Shame" | 3:34 |
4. | "Offer An End" | 4:08 |
5. | "The Echo of the World" | 3:56 |
6. | "Dissolution" | 10:51 |
7. | "So Right So Clean" | 3:42 |
8. | "Another Way of Life" | 3:08 |
Notas
editar- ↑ "Cloud Nothings Announce New Album Last Building Burning, Share New Song: Listen". Pitchfork (en inglés). 2018-08-13. Consultado o 2024-04-01.
- ↑ "Cloud Nothings - "Leave Him Now"". Stereogum (en inglés). 2018-09-18. Consultado o 2024-04-01.
- ↑ "Cloud Nothings – “So Right So Clean”". Spin. Consultado o 1 de abril de 2024.