Larry Sanders

baloncestista estadounidense

Larry Sanders, nado o 21 de novembro de 1988 en Fort Pierce, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que é axente libre. Cunha altura de 2,08 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Larry Sanders
Axente libre
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 21 de novembro de 1988 (35 anos)
Florida Fort Pierce, Florida
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Port St. Lucie
(Port St. Lucie, Florida)
Universidade VCU (2007–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 15
Por Milwaukee Bucks
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2010–2015)
Fort Wayne Mad Ants (2011)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Instituto editar

Sanders non xogou ao baloncesto até noveno curso, xa que a súa escola privada non ofrecía deportes. Posteriormente trasladouse ao Instituto Port St. Lucie, onde fixo medias de 18,9 puntos e 13 rebotes por partido no seu ano sénior, e liderou a Port St. Lucie a un balance de 20 vitorias e 8 derrotas e ao campionato District 13-5A. Sanders foi incluído no mellor equipo do estado.

Universidade editar

Na súa primeira tempada na Virginia Commonwealth University, Sanders foi incluído no mellor quinteto de novatos da Colonial Athletic Association e no mellor quinteto defensivo. No seu segundo ano cos Rams fixo medias de 11,3 puntos e 8,6 rebotes por partido e foi coroado como mellor defensor da súa conferencia.[1] A súa progresión continuou na súa terceira e última campaña na universidade, facendo 14,4 puntos, 9,1 rebotes e 2,6 tapóns por partido, e sendo nomeado por segundo ano consecutivo mellor defensor da conferencia. Ademais, foi incluído no mellor quinteto da CAA. Larry Sanders anunciou en abril de 2010 a súa intención de declararse elixible para o Draft da NBA de 2010.

Profesional editar

Foi seleccionado na 15ª posición do Draft da NBA de 2010 por Milwaukee Bucks.[2] O 8 de xullo de 2010, asinou un contrato de rookie cos Bucks. O 20 de febreiro de 2011, foi asignado ós Fort Wayne Mad Ants da NBA D-League.[3] O 26 de febreiro de 2011 regresou ós Bucks.

O 30 de novembro de 2012, conseguiu a súa primeira tripla-dobre, tras acadar 10 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns na derrota de Milwaukee contra os Minnesota Timberwolves. Rematou a tempada na segunda posición en tapóns por partido, tan só por detrás de Serge Ibaka. Ademais, rematou terceiro na votación ó xogador con maior progresión da tempada, por detrás de Paul George e Greivis Vásquez. O 20 de agosto de 2013, asinou unha extensión de contrato cos Bucks de catro anos e 44 millóns de dólares.[4]

O 21 de febreiro de 2015, chegou a un acordo cos Bucks para rescindir o seu contrato.[5]

Notas editar

  1. "Larry Sanders Draft 2010 Prospects". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  2. "Bucks Roster: Larry Sanders". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  3. "Bucks Assign Sanders to Fort Wayne of D-League". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  4. "Bucks sign Larry Sanders to contract extension". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  5. Bucks Request Waivers on Larry Sanders

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar