Larry Flynt
editor estadounidense
Larry Claxton Flynt, Jr., nado Salyersville (Kentucky) o 1 de novembro de 1942 e finado o 10 de febreiro de 2021 nos Ánxeles, foi un editor estadounidense á cabeza da compañía Larry Flynt Publications, que produce principalmente material pornográfico, incluíndo vídeo e revistas, sendo Hustler a máis coñecida de todas elas. A compañía ten unha facturación anual que rolda os 150 millóns de dólares[Cómpre referencia]. Ao longo da súa vida, Larry Flynt tomou parte en varias batallas legais relacionadas coa primeira emenda da constitución dos Estados Unidos e presentouse á presidencia varias veces. Sufriu dun trastorno bipolar e quedou paralizado de cintura para abaixo debido a un intento de asasinato.
Larry Flynt | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de novembro de 1942 |
Condado de Magoffin e Salyersville | |
Falecemento | 10 de febreiro de 2021 |
Os Ánxeles | |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | ateo |
Ocupación | editor, emprendedor, autobiógrafo, xornalista e político |
Cónxuxe | Althea Flynt |
[ editar datos en Wikidata ] | |