Lark é unha suite ofimática de produtividade baseada na web deseñada pola empresa chinesa ByteDance, creadora tamén de TikTok. Lark é a versión internacional xemelga da applicación Feishu, nome polo que é coñecida en China, onde conta cunha media diaria de 5 millóns de usuarios ao día [1]

Feishu

A ferramenta

editar

Feishu lanzouse no mercado doméstico chino en 2017 [2] onde ofrecían servizos ofimáticos centralizados coa posibilidade de conferencias por video e un chat integrado.

Xa no 2017 Feishu integraba servizos populares no chat como emojis e gif, servizos gratuitos de almacenaxe na nube e transmisión de video e audio de alta calidade entre os seus usuarios. O sistema tamén era capaz de tomar notas en reunións automaticamente, chat cun asistente robotizado que era capaz de comprender instruccións básicas para editar documentos ou enviar recordatorios, acceso a calendarios e a posibilidade de editar documentos colaborativamente en tempo real.

No ano 2019 a empresa lanza a applicación ao mercado internacional co nome de Lark á que lle foi engadida un software de administración de proxectos e un tradutor automático que se pode activar en reunións internacionais e que o usuario pode escoitar en tempo real.

A applicación destaca pola súa flexibilidade, en comparación con competidores occidentais, onde a integración de plugins de outras plataformas como Jira, GitHub ou Asana é libre e se lles dá soporte. Así como é posíbel insertar grupos de chat dentro de documentos ou observar a dispoñibilidade no calendario de compañeiros directamente desde o chat.

Os beneficios internos da empresa medraron un 270% en 2021 dada a súa popularidade crecente. [3]


  1. [1] usuarios
  2. [2] nacemento
  3. [3] historia