Lara Balseiro

xogadora de fútbol sala galega

Lara Balseiro Candia, nada o 22 de xaneiro de 1993 en Viveiro, é unha xogadora galega de fútbol sala. Xoga de á e o seu equipo actual é o Club Deportivo Burela Fútbol Sala da Primeira división de fútbol sala feminino de España.

Modelo:BiografíaLara Balseiro
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de fútbol sala Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol sala Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a xogar no equipo da súa vila natal ata que na tempada 2008-09 fichou polo Burela cando tiña anos. Daquela o equipo militaba na segunda división e conseguiu o ascenso a primeira división. Xogou 2 tempadas en primeira división co Burela, debutando en primeira no partido disputado contra o Cellosa Torrejón o 18 de outubro de 2009. Posteriormente marchou a tempada 2011-12 ao Poio para xogar en segunda división.[1][2] Ao ano seguinte volveu ao Burela[3] onde segue xogando na actualidade e conseguiu todos os seus títulos, en todas as competicións nas que participou. Ten a honra de marcar o gol número 1 000 do Burela.[4]

Palmarés e distincións

editar
2012-13, 2015-16, 2019-20 e 2020-21.
2013, 2019, 2020 e 2021
2015, 2019 e 2020
  • Recopa: 1
2019
  • Copa Galicia: 6
2009, 2010, 2014, 2015, 2019 e 2020.
  1. "Lara deja el Burela FS Pescados Rubén". ACFSF. 27 de xullo de 2011. Consultado o 2 de maio de 2021. [Ligazón morta]
  2. "Lara deja el Burela FS Pescados Rubén". La Voz de Galicia. 28 de xullo de 2011. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  3. "Lara Balseiro volve "á que considero a miña casa, deportivamento falando”". Burelafs.org. 13 de agosto de 2012. Consultado o 5 de maio de 2021. 
  4. ""Es un orgullo marcar el gol 1.000 de tu equipo en Primera División"". La Voz de Galicia. 24 de abril de 2018. Consultado o 7 de maio de 2021.