Lar de Unta

asociación galega

A Sociedade Gastronómica, Cultural, Deportiva e Xuvenil Lar de Unta, é unha asociación que se creou en 1999 con sede na zona vella de Betanzos que ten como fin a promoción da gastronomía galega, a literatura galega, a música e o folclore etc., a través da organización de actividades diversas que contribúan ao seu obxectivo de dinamizar o barrio, a vida cultural e recreativa de toda a vila e máis a defensa da lingua galega. Ata 2007 editaba a revista O Poxigo, onde se publicaban novas relacionadas coa propia asociación e as súas actividades ademais de artigos de opinión, creación literaria, ambientalismo, tecnoloxías, literatura ou divulgación.

Lar de Unta
Tipoasociación cultural
Data de fundación1999
SedeBetanzos
PaísGalicia
Na rede
https://lardeunta.gal/
Facebook: LarDeUnta Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar